Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

IES Eusebio da Guarda. Plan Proxecta Quérote+ 2015-16

Este ano, como en anos anteriores, traballamos dentro do Plan Proxecta e contando co programa de Quérote+, o tema da adolescencia e as tecnoloxías e integración social cos alumnos de terceiro da ESO.
Tendo en conta que vivimos nunha sociedade tecnolóxica na que se tende a valorar, por riba de moitas outras cousas, o estar conectado e a facilidade que dá o uso das tecnoloxías, entre elas o teléfono móbil (que hoxe en día é de uso habitual entre os adolescentes), unha sociedade que permite estaren os rapaces sempre conectados cos compañeiros, aínda que non estean cerca, de tal maneira que sintan claramente a pertenza a un grupo, malia non coñeceren a maior parte das veces aos amigos deste grupo, nin están cerca, nin saberen a ciencia certa que clase de persoas son, nunha sociedade coma esta a tecnoloxía convértese nunha arma de dobre gume.
O uso da tecnoloxía presenta moitas facetas positivas pero sen o coñecemento para o bo uso desta, posibilita que malas conductas e situacións que viven os adolescentes, como son o bulling e o illamento social, se produzan cada vez con máis frecuencia e con implicacións máis complexas e problemáticas. É moi importante, xa que logo, que dotemos aos nosos alumnos e alumnas dunhas ferramentas e uns coñecementos que os preparen para a vida diaria e os seus retos tecnolóxicos.

Ligazóns aos vídeos:

Conta con nos
count on me 3B
RAP_3
Non ao racismo



blog | by Dr. Radut