Excursión de fin de curso de 4º ESO
Excursión 4º ESO do 15 ao 17 de xuño 2016
Aventura Norte
Entre os días 15 e 17 de xuño, os alumnos de cuarto e tres profesores dispuxémonos a gozar duns días de actividades na natureza en Arriondas, Asturias. Saímos da Coruña con chuvia e chegamos a o noso destino con ela, non nos abandonou en todo o camiño. O tempo non permitiu que cumpriramos os nosos plans iniciais e as nosas actividades víronse trastocadas, pero nin a chuvia nin o frío impediron permitir que gozaramos da espeleoloxía, do rocódromo, do paintball e do humor amarelo, así como do descenso do Sella en canoa (con moito frío), sen esquecer que tamén tivemos tempo para un baño na piscina.
Volveremos