Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

blogue depedro.rodriguez

Entrega da recaudación

Hoxe entregouse a recadación dos Xogos Florais do pasado mércores 22 de xuño. A cantidade que se obtivo nesa mañá foi de 630 euros e foi dividida entre OXFAM INTERMÓN e a COCIÑA ECONÓMICA. Nas imaxes aparece a representante da mencionada ONG e o presidente da Cociña Económica, don Alberto Martí, que firmou no Libro de Ouro do Instituto.

 

Xogos florais da Guarda-Festa do 125 Aniversario do Instituto da Guarda

O pasado mércores 22 de xuño celebráronse os Xogos florais da Guarda con actuacións no escenario principal e postos de xogos populares, manualidades e comida e bebida tradicionais.

 Na Oficina de cambio” puidéronse cambiar euros por pesetas da época de Afonso XIII  e mercar con elas todo o ofrecido nos distintos postos.

 Equivalencia:

  • billete de 1000 pesetas = 1 €
  • billete de 500 pesetas = 50 céntimos
  • billete de 100 pesetas = 20 céntimos

As actuacións e o concurso de disfraces de época do escenario principal estiveron presentadas por Ariana Canosa, Maria Gómez e David Vaamonde, alumnos de 1º de bacharelato.

Ligazón ás fotos (Fotografías de Lucía Iglesias García, 4º ESO, e Pedro Rodríguez Porca)

 Ver programa e Cartel en adxuntos

Distribuir contido


by Dr. Radut