Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

blogue depedro.rodriguez

Chocolate para os alumnos de 2ºD que gañaron o concurso de Nadal 2017 de 2º de ESO

Velaiquí a foto dos gañadores, acompañados pola súa titora, Minia Prego, e pola directora do centro, Isabel Ruso de Lago. Parabéns!

 

Charla presentación dos estudos de ESADE

Ana Isabel Fernández presentou os estudos de ESADE nunha charla dirixida ao alumnado de Economía de Bacharelato.

Exposición fotográfica da asociación A.I.R.E.

A Asociación Integral de Rescate en Emergencias (A.I.R.E.) desenvolve un proxecto de concienciación social sobre as migracións forzosas e as persoas refuxiadas, cunha exposición fotográfica de Irisi Durán e Muhammad Ali.

 

Patinaxe de alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO

Unha actividade organizada todos os cursos polo Departamento de Educación Física.

Convocada a XIII edición do Premio Literarios Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XIII edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes. 

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.

Visita de alumnos de ciencias de 4º de ESO ao CICA

Os alumnos de ciencias de 4º de ESO visitaron e fixeron prácticas no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.

Vídeo:

Fotos feitas polo CICA

Kaito Tenreiro, alumno de 1º de ESO, premiado nun concurso de viñetas

Kaito, acompañado pola súa profesora Ana Rey, foi premiado cun accésit na VII edición do concurso de viñetas "Sen adicións... un bo plan" promovido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

 

Colaboración coa ONG Mozambique Sur

Recollida de material de limpeza para a Casa do Gaiato, que acolle a 150 nenos de Mozambique.

Visita e actividades en orto ecolóxico

Actividade de alumnos de Relixión.

Un sono feito realidade: O párroco de Cabrui e a asociación Raiña Paraiso poñen en marcha un proxecto de agricultura ecolóxica. Solidariedade, interculturalidade e aprendizaxe van da man.

A historia do noso Universo, contada nun día

"A historia do Universo como si pasara en un só día" foi o título dunha interesante charla do profesor deste Instituto Mario Simón García aos alumnos de 3º de ESO.

Concurso de postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

PRIMEIRO PREMIO 2º ESO

Laura Villa Latas   2ºA

 

Accésits

Mª Eugenia Roca Capdevila   2ºA

Sara Oanes Romero   2ºA

Kem Arambillet Salvador  2ºB

 

PRIMEIRO PREMIO 1º ESO

Brigitte Dextre Arce   1ºC

 

Accésits

Pablo Alonso-Jáudenes Paz   1ºA

Natalia Pérez   1ºA

Carla Dopazo Pavón   1ºA

Ana Pérez Santos   1ºB

Ana Merayo Cubeiro   1ºC

Lucía Sánchez Roquer   1ºC

Andrea Hermida Vázquez   1ºD

 

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades

O evento UNITOUR é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaron para o recordo:

 

Por 365 días contra a violencia de xénero

No marco do programa "Por 365 días contra a violencia de xénero", o alumnado do noso Instituto colaborou na campaña do Día internacional contra a violencia machista.

 

Visita dos alumnos de Química ao CiQUS e CiMUS

Os alumnos de Química de 2º Bacharelato visitaron o 21 de novembro, acompañados dos seus profesores de Química, a Facultade de Química de Santiago, o CiMUS e o CiQUS. Neste último realizaron ademáis experimentos de laboratorio. Completaron cunha visita guiada por Santiago a cargo do profesor Antonio Fondo.

Na seguinte foto temos unha parte dos alumnos:

A alumna María Rodríguez Cobo premio Diseña 2017 da Fundación Aquae

A alumna de 3º de ESO B María Rodríguez Cobo foi galardoada cun Accésit dotado con 500 € do Premio Diseña 2017 da Fundación Aquae pola elaboración dun cartel baixo o lema de “La Revolución de las Ideas: Visible vs. Invisible”.

Na III edición do Premio Diseña recibíronse case 400 carteis de lugares diversos como España, Colombia, Perú, México, Francia, Ecuador, China, Arxentina, Xapón, Taiwan, Costa Rica e Alemaña.

NORABOA!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut