Skip to Content

Facendo chapas

Os rapaces de 2º ESO A estiveron a fabricar chapas identificativas co logo do grupo de investigación ao que pertencen, que lucirán nas batas de laboratorio. Unha vez escollidas as imaxes de Curie e Newton pasaron á acción: fabricaron chapas de alfinete como auténticos profesionais, iso si, sen perder a vertente divertida. Decidiron o deseño, repartiron o traballo e había que velos usando a máquina de facer chapas, poderían crear unha produtiva empresa de merchandising.  

IMG-20210405-WA0001.jpgIMG-20210405-WA0003.jpgIMG-20210405-WA0005.jpg
20210322_095224.jpg20210322_095151.jpg

Aproveitando esta actividade estiveron coñecendo curiosidades destes dous científicos aos que homenaxean e participaron en concursos sobre a súa vida e as súas investigacións. A loita foi dura xa que tiñan moitos coñecementos sobre Marie e Isaac e ó final todos gañaron aínda que só houbese un vencedor.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA POLA USC, A UDC E O CONCELLO DA CORUÑA

    Como todos os cursos, chegados a estas datas inícianse as xornadas destinadas a informar e orientar ao alumnado sobre saídas académicas dos seus estudos. Neste ano, as xornadas de orientación realizaranse a través de encontros virtuais como medida de prevención anti-Covid. Todo o alumnado interesado en participar nas charlas informativas que sexan do seu interese deberá acceder a través das ligazóns que proporcionan para este fin tanto a Universidade de Santiago de Compostela como a Universidade da Coruña. Asimesmo, para as charlas que ofrece o Concello da Coruña nas súas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, os interesados deberán encher a solicitude correspondente a través da ligazon.

Toda a información de interese a tedes no seguinte PDF

Para máis información ou para a consulta de dúbidas, podedes acudir ao Departamento de Orientación do centro no seu horario habitual de mañá ou consultar o seu blog de información académica.

Cartel
UDCUSC

REMATE DO PERÍODO DE ADMISIÓN

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE BAREMACIÓN

Xa rematado o perído de admisión o pasado luns 22 de marzo infórmase que, coas admisións presentadas en prazo en estado de rexistro definitivo, NON HABERÁ NECESIDADE DE BAREMAR NAQUELES CURSOS NOS QUE HABÍA VACANTES DISPOÑIBLES [Véxase información sobre vacantes no enlace MATRÍCULA]. A publicación de listaxes de admisión provisionais no taboleiro de anuncios da secretaría realizarase, dacordo coa convocatoria, antes do día 25 de abril. Informarase a través desta mesma web no momento en que se faga.

UN ANO MÁIS, O IES ELVIÑA NA FINAL DO YOUNG BUSINESS TALENTS

CONCURSO NACIONAL YOUNG BUSINESS TALENTS

      O IES Elviña foi o único instituto que conseguiu meter a tres equipos na final do simulador empresarial Young Business Talents, consistente na xestión dunha empresa ao longo de varios períodos. Este concurso contou coa participación de máis de 3000 equipos de toda España, aínda que só 100 deles son seleccionados para a final despois dunha dura competición.
      Os tres equipos do noso centro quedaron entre os 5 primeiros da provincia da Coruña, postos que dan acceso á final, que se celebrará o vindeiro 7 de maio. Lamentablemente, as bases do concurso só permiten 2 equipos por centro como máximo, así que un deles quedará fóra da competición, deixando o seu posto ao 6º clasificado.
     Dadas as restricións da situación actual, é posible que a final non se celebre en Madrid como é habitual, senón de modo virtual.
     Cómpre felicitar ao alumnado que acadou a final. Parabéns, polo tanto, a Roi, Manuel e Xavier de 4º ESO; a Aroa, Mabelin, Sabela e Paula, primeiro equipo de 1º BACH; e a Diego, Alejandro, Brais e Santiago, segundo equipo de 1º BACH; e ao seu profesor Iñaki Tomás por sementar o talento económico con tan marcado entusiasmo e acerto. Moita sorte aos elixidos!

YBT

 

 

PUBLICACIÓN DO "DISQUE"

XORNALISMO NO IES PLURILINGÜE ELVIÑA:
PRIMEIRO NÚMERO DO "DISQUE"

O Dpto. de lingua galega, que, como xa é ben coñecido de todos, non acouga, promoveu desde o inicio de curso a realización dun xornal electrónico escrito e preparado polo alumnado de 2º de ESO co familiar nome de DISQUE. A proposta, liderada pola ousada docente Ana García, chegou a porto co esforzo denodado dun nutrido equipo de redactores e redactoras, que descubriron  a bo seguro os sufrimentos e sinsabores da rigorosa composición da "primeira plana". Sexa como fór, os sufrimentos e esforzos deron froito (e abofé que semella fermoso froito!). Xa poden os curiosos lectores mergullarse no negro sobre blanco das novas elviñenses. Que lles aproveite!

(DISQUE se ten éxito este primeiro número, virán outros...)

DISQUE

Distribuir contido


by Dr. Radut