Skip to Content

OUTRO PREMIO NO IES ELVIÑA

PREMIO POLA IGUALDADE
PARA UNHA ALUMNA DO IES ELVIÑA

[A ENTREGA DOS PREMIOS NA CIDADE DA CULTURA PODERÁ SEGUIRSE EN STREAMING DESDE A CANLE DE YOUTUBE DA SECRETARÍA DE IGUALDADE O DÍA 5 DE MARZO A PARTIR DAS 11:00 HORAS. BASTA CON PREMER NO SEGUINTE ENLACE: https://youtu.be/GnA5-MPAjcc]

     Nunha semana chegará a conmemoración do Día Internacional da muller. Como, polo que parece, as manifestacións multitudinarias non van ser posibles este ano, a celebración vai ter que quedar no íntimo, mais non por iso menos auténtica nen sentida.

     No IES Elviña o compromiso cos dereito de igualdade e empoderamento da muller xa ten tradición. Por iso, e para que non decaia, velaquí temos outro exemplo: Noa, unha das nosas talentosas alumnas de 4º curso de ESO ven de se alzar co Segundo Premio do Concurso de carteis organizado pola Secretaría Xeral de igualdade da Consellería de educación da Xunta de Galicia para celebrar entre todos os centros da nosa comunidade autónoma a festividade do 8 de marzo. A intrépida gañadora, que verá o seu cartel impreso nos centros de ensino de Galicia, recollerá o premio a vindeira semana en Santiago de Compostela cunha representación do centro. Parabéns para ela (e para a igualdade entre os sexos)!

    Aquí tedes o cartel que obtivo tan merecido galardón...

Cartel

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS NO PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA

Desde hoxe están publicadas as listaxes de admitidos no procedemento de reserva de praza desde centros adscritos de primaria. As listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro no seu horario habitual (de 09:30 a 14:00 horas).

ADMISIÓN: ALUMNADO QUE SOLICITA RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON

RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

O pasado día 8 de febreiro rematou o prazo de presentación de solicitudes de reserva desde os nosos centros adscritos (CEIP Alborada, CEIP Novo Mesoiro, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía e CEIP Salgado Torres).

Despois de recibir no noso centro todas as soclitudes e validalas, queremos informar aos solicitantes de que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO CUBRIRÁN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que ESTES SOLICITANTES NON TERÁN NECESIDADE DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E BAREMACIÓN.

*          *          *

A publicación das listaxes de admitidos en reserva realizarase, dacordo coas indicacións da convocatoria, entre o dia 25 e o 28 de febreiro nos taboleiros da secretaría do noso centro.

GAÑADORES DO CONCURSO DE LOGOS

LOGO GAÑADOR DO CONCURSO PROXECTO
"BREAKING WALLS"

IES ELVIÑA

LOGO gañador

 

     Velaquí temos xa o logo gañador do concurso do proxecto DERRUBANDO MUROS do noso proxecto Erasmus+. O fermoso deseño alzouse coa victoria nunha reñida competición entre os traballos presentados, todos de grande calidade.

     A afortunada gañadora pertence ao grupo de 3º ESO A e recibirá un vale por 50€ de material escolar. 

Todo o profesorado responsable do Proxecto Breaking walls quere agradecer sinceiramente a participación de todo o alumnado no concurso.

Noraboa aos participantes e, singularmente, á gañadora!

Semper Victor!

ENTROIDO 2021

AS COVIDTOLENDAS,
OU SEXA,
COVIDTROIDO

EntroidoPoster

 

O Dpto. de dinamización e o de lingua galega non queren deixar pasar as tradicionais datas de Entroido cunha celebración no noso instituto. Por iso, con todas as prudencias que esixe a situación sanitaria, daranlle porta franca no centro ao bo de Don Carnal, quen, desta vez, trai disfraz posto de Dona Cuaresma, como manda a tradición do mundo ao revés. 

Pois, como manda a tradición polos pagos de Verín, o Entroido XA comeza, coma quen di, en xaneiro. Velaquí o calendario coas datas clave do fasto e co que toca en cada xornada:

Calendario

 

 Velaquí podedes descargar o cartaz deste NON tradicional entroido do IES Elviña.

Levádeo con moderación, como dicían en Delfos...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut