Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

ABERTO O PERÍODO DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS

Entre o 1 e o 22 de marzo estará aberto o período de admisión para solicitude de praza desde centros distintos ao de orixe ou desde centros no adscritos de primaria [Véxase MATRÍCULA].

Rematado este prazo, se nalgún dos cursos nos que haxa vacantes existisen máis solicitudes que prazas, habería que iniciar un proceso de baremación, do que se informaría no seu momento nesta mesma web.

Poden descargar os formularios e documentación necesaria nestes enlaces e entregalos cubertos na secretaría do centro de ensino. Tamén poden facer a solicitude on line a través da Sede electrónica (procedemento ED550B).

 

Formulario de
solicitude

Anexo IIbis

Documentación
necesaria
Criterios do baremo
e acreditación

OUTRO PREMIO NO IES ELVIÑA

PREMIO POLA IGUALDADE
PARA UNHA ALUMNA DO IES ELVIÑA

[A ENTREGA DOS PREMIOS NA CIDADE DA CULTURA PODERÁ SEGUIRSE EN STREAMING DESDE A CANLE DE YOUTUBE DA SECRETARÍA DE IGUALDADE O DÍA 5 DE MARZO A PARTIR DAS 11:00 HORAS. BASTA CON PREMER NO SEGUINTE ENLACE: https://youtu.be/GnA5-MPAjcc]

     Nunha semana chegará a conmemoración do Día Internacional da muller. Como, polo que parece, as manifestacións multitudinarias non van ser posibles este ano, a celebración vai ter que quedar no íntimo, mais non por iso menos auténtica nen sentida.

     No IES Elviña o compromiso cos dereito de igualdade e empoderamento da muller xa ten tradición. Por iso, e para que non decaia, velaquí temos outro exemplo: Noa, unha das nosas talentosas alumnas de 4º curso de ESO ven de se alzar co Segundo Premio do Concurso de carteis organizado pola Secretaría Xeral de igualdade da Consellería de educación da Xunta de Galicia para celebrar entre todos os centros da nosa comunidade autónoma a festividade do 8 de marzo. A intrépida gañadora, que verá o seu cartel impreso nos centros de ensino de Galicia, recollerá o premio a vindeira semana en Santiago de Compostela cunha representación do centro. Parabéns para ela (e para a igualdade entre os sexos)!

    Aquí tedes o cartel que obtivo tan merecido galardón...

Cartel

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS NO PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA

Desde hoxe están publicadas as listaxes de admitidos no procedemento de reserva de praza desde centros adscritos de primaria. As listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro no seu horario habitual (de 09:30 a 14:00 horas).

ADMISIÓN: ALUMNADO QUE SOLICITA RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON

RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

O pasado día 8 de febreiro rematou o prazo de presentación de solicitudes de reserva desde os nosos centros adscritos (CEIP Alborada, CEIP Novo Mesoiro, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía e CEIP Salgado Torres).

Despois de recibir no noso centro todas as soclitudes e validalas, queremos informar aos solicitantes de que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO CUBRIRÁN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que ESTES SOLICITANTES NON TERÁN NECESIDADE DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E BAREMACIÓN.

*          *          *

A publicación das listaxes de admitidos en reserva realizarase, dacordo coas indicacións da convocatoria, entre o dia 25 e o 28 de febreiro nos taboleiros da secretaría do noso centro.

GAÑADORES DO CONCURSO DE LOGOS

LOGO GAÑADOR DO CONCURSO PROXECTO
"BREAKING WALLS"

IES ELVIÑA

LOGO gañador

 

     Velaquí temos xa o logo gañador do concurso do proxecto DERRUBANDO MUROS do noso proxecto Erasmus+. O fermoso deseño alzouse coa victoria nunha reñida competición entre os traballos presentados, todos de grande calidade.

     A afortunada gañadora pertence ao grupo de 3º ESO A e recibirá un vale por 50€ de material escolar. 

Todo o profesorado responsable do Proxecto Breaking walls quere agradecer sinceiramente a participación de todo o alumnado no concurso.

Noraboa aos participantes e, singularmente, á gañadora!

Semper Victor!

Distribuir contido


by Dr. Radut