Skip to Content

OUTRO PREMIO NO IES ELVIÑA

PREMIO POLA IGUALDADE
PARA UNHA ALUMNA DO IES ELVIÑA

[A ENTREGA DOS PREMIOS NA CIDADE DA CULTURA PODERÁ SEGUIRSE EN STREAMING DESDE A CANLE DE YOUTUBE DA SECRETARÍA DE IGUALDADE O DÍA 5 DE MARZO A PARTIR DAS 11:00 HORAS. BASTA CON PREMER NO SEGUINTE ENLACE: https://youtu.be/GnA5-MPAjcc]

     Nunha semana chegará a conmemoración do Día Internacional da muller. Como, polo que parece, as manifestacións multitudinarias non van ser posibles este ano, a celebración vai ter que quedar no íntimo, mais non por iso menos auténtica nen sentida.

     No IES Elviña o compromiso cos dereito de igualdade e empoderamento da muller xa ten tradición. Por iso, e para que non decaia, velaquí temos outro exemplo: Noa, unha das nosas talentosas alumnas de 4º curso de ESO ven de se alzar co Segundo Premio do Concurso de carteis organizado pola Secretaría Xeral de igualdade da Consellería de educación da Xunta de Galicia para celebrar entre todos os centros da nosa comunidade autónoma a festividade do 8 de marzo. A intrépida gañadora, que verá o seu cartel impreso nos centros de ensino de Galicia, recollerá o premio a vindeira semana en Santiago de Compostela cunha representación do centro. Parabéns para ela (e para a igualdade entre os sexos)!

    Aquí tedes o cartel que obtivo tan merecido galardón...

Cartel



page | by Dr. Radut