Skip to Content

Actividades Espazo maker

Actividades desenvolvidas no Espazo Maker do IES Plurilingüe Elviña

PROGRAMA OBSERVA_ACCIÓN: IES SATURNINO MONTOJO VISITA O IESP ELVIÑA

O pasado 25 de abril docentes do IES Saturnino Montojo (Ferrol) visitaron Coruña para pasar una xornada completa no IESP Elviña, en devolución de equivalente que se fixo ao seu centro o luns desa mesma semana, no marco do Programa Observa_acción (album de fotos ao final desta reseña).

O IESP Elviña tivo o privilexio de ser anfitrión de tres docentes do IES Saturnino Montojo, para intercambiar puntos de vista, aprender mutuamente uns dos outros, e reflexionar conxuntamente. Visitaron clases do Música, de Bioloxía e Xeoloxía, dos Proxectos Competenciais Deportivo e de Matemáticas aplicadas ao Deseño Dixital (Impresión 3D), exeaminaron iniciativas de lecer activo como a ludoteca e a preparación de concusos de eventos, a acollida ao centro adscrito CEIP Novo Mesoiro cunha Escape Room na Biblioteca, a implantación do Polo+, e o aproveitamento das instalacións.

Grazas aos compañeiros que nos visitaron por tantas ideas enriquecedoras, sobre as que xa acordamos diversas iniciativas de traballo conxunto futuro. Ogallá xa nos vexamos en elas máis axiña que tarde!

 

Álbum: Observa_accion -> IESP_Elviña_20240425

PROGRAMA OBSERVA_ACCIÓN: IESP ELVIÑA VISITA O IES SATURNINO MONTOJO

O pasado 22 de abril docentes do IESP Elviña visitaron o IES Saturnino Montojo (Ferrol), no marco do Programa Observa_acción (album de fotos ao final desta reseña).

O Programa "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais” pretende levarse a cabo a nivel autonómico, nacional e nacional, durante os cursos 2023/24 e 2024/25. Ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

O IESP Elviña tivo o privilexio de traballar na primeira fase do programa cun centro de tanta sona e acreditadas boas prácticas como o IES Saturnino Montojo. Cinco docentes pasaron unha xornada completa nas súas instalacións, aprendendo, intercambiando ideas e opinións e reflexionando conxuntamente. Visitaronse clases do Ciclo de FP de Video disc-jockey e son, de Xeografía e Historia, de Música, e exeamináronse iniciativas de lecer activo, implantación do programa Edixgal, e aproveitamento de instalacións.

Grazas aos compañeiros de Ferrol por tantas ideas e a súa calurosa acollida.

Álbum: Observa_accion -> IES_Saturnino_Montojo_20240422

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Actividade do IGFAE

Día da Muller e a Nena na Ciencia IGFAEO Día da Muller e a Nena na Ciencia incluiu entre outras actividades unha Masterclass no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, na que se exploraban datos do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns do CERN, en Suiza, o acelerador de partículas máis grande do mundo.

A exclusividade do evento fixo que houbera que limitar a participación a dúasDiplomas alumnas por centro. Aínda que iso fixo que algunhas compañeiras tiveran que quedar, o centro non puido estar mellor representado que polas nosas queridas Alicia e Sofía, do Club de Ciencia, acompañadas por Isabel, a súa profesora de Física e Química.

A xornada completa de traballo constou de varias charlas moi especializadas e sesións prácticas de traballo nas que se asomaron á última fronteira da Física subatómica máis punteira, explorando os límites do modelo estándar, traballando con ferramentas reais de detectores de partículas en uso e poñendo en común os resultados mediante videoconferencia co CERN.

A galería de imaxes e vídeos da conta da intensidade do día e testemuña o merecido recoñecemento que recibiron en forma de diploma pola súa participación. Parabéns!

 

Foto01Foto02Foto03Foto04
Foto05Foto08Foto09Foto11

 

Club de Ciencia: Visita Aula Newton

O alumnado de 3º ESO do Club de Ciencia visitou o venres pasado a Aula Newton ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas. As "Aulas Newton" son unha prestixiosa iniciativa de espazos de aprendizaxe presentes en dez paises europeos e auspiciados por unha organización noruega sen ánimo de lucro, e concretamente a visitada polo alumnado do IES Plurilingüe Elviña é a primeira e única actualmente dispoñible en toda España.

Acompañados por docentes dos departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas, e coa colaboración da auxiliar de idiomas do centro, o alumnado seguiu o programa da actividade "Volamos con números: una aventura aérea". Cun deseño da xornada fermosamente interdisciplinar tiveron que aplicar os seus coñecementos de idiomas, Física, Matemáticas, Tecnoloxía, Xeografía e TIC entre outros. Como colofón puxeron a proba as súas destrezas prácticas no simulador de voo da robusta Cessna 172 en tarefas de socorrismo aéreo no entorno de Bodø (Noruega). E abofé que a moitos deles non se lles daba nada mal para ser o seu primeiro intento!

O remate da fructífera xornada foi o desenvolvemento dun obradoiro de ensamblaxe de drons controlados mediante app móbil. E como non, inevitablemente con estes 3º ESO xa feitos uns intrépidos do aire, a proba dos devanditos drons nun esixente circuito de obstáculos interiores! Sobre o resultado neste caso... digamos simplemente que pagou o seguro.

No albúm a continuación (clickar na foto para acceder) quedan as imaxes que testemuñan o impacto pedagóxico e motivador, e a grata lembraza que todos os participantes trouxemos do evento. A nosa gratitude aos docentes Newton anfitrións da xornada e a todo o persoal de Tecnópole pola súa amabilidade.

Álbum: Club de Ciencia -> Aula Newton 2021/22

Club de Ciencias: ensamblaxe de PCs no Espazo Maker

A pasada semana estreouse o Club de Ciencia do IES Plurilingüe Elviña coa súa primeira actividade neste curso. Seis entusiastas estudantes de 1º de Bacharelato foron os primeiros inscritos no Club, nunha actividade supervisada por docentes do Departamento de Física e Química e do Departamento de Matemáticas, consistente na ensamblaxe e proba no Espazo Maker dun PC a partir dos seus máis sinxelos compoñentes hardware. Non foi doado pero abofé que as fachendosas facianas despois de comprobrar o exitoso funcionamento falan por si mesmas!

Foi unha tarefa de máis aproveitamento que o meramente informático, xa que a práctica de montaxe modular de dispositivos electrónicos pode ser reaproveitada en moitos outros ámbitos de coñecemento. Polo que parece según conclúen os participantes resultou ben ameno ademáis de instructivo. Grazas a todos, que xa quedaron emplazados para novas actividades nas que seguramente sexan eles os que dinamicen a participanción de compañeiros de cursos inferiores.

1ClubCiencia_00.jpg1ClubCiencia_02.jpg1ClubCiencia_08.jpg
1ClubCiencia_09.jpg 1ClubCiencia_06.jpg1ClubCiencia_17.jpg

 

Clickando na imaxe a continuación accedese ao album de instantáneas da sesión e a posta en común anterior e posterior en sendos momentos dos recreos matinais:

Álbum: Club de Ciencia -> EnsamblaxePCs 2021/22
Distribuir contido


by Dr. Radut