Skip to Content

Actividades Espazo maker

Actividades desenvolvidas no Espazo Maker do IES Plurilingüe Elviña

Imprimindo en 3D

No espazo Maker queremos que o protagonismo creativo sexa dos estudantes, que eles deseñen, constrúan e dean forma ás súas ideas. Seguindo este espírito, dous alumnos de 4º da ESO A, Iago e Martín, compartiron os seus coñecementos sobre deseño e impresión en 3D con compañeiras de 1º da ESO. A experiencia foi enriquecedora polas dúas bandas, os profesores fixeron un traballo excepcional explicando e resolvendo as dúbidas que xurdían, e o alumnado gozou coa actividade á vez que aprendía os principios básicos do deseño en 3D e o funcionamento da impresora. Claro que todo isto non estaría completo se non levaran á práctica o aprendido, así que dito e feito, puxéronse mans á obra e deseñaron uns chaveiros co nome de cada un e os imprimiron. Poden estar orgullosos dun traballo ben feito, parabéns.

Obradoiro de papiroflexia

Como se sabe a papiroflexia é unha arte que consiste no encartado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como auténticas esculturas de papel. Os rapaces aproveitaron a habilidade do profesor de bioloxía Luís Rodríguez nesta disciplina e asistiron a un obradoiro no que fixeron un carro de bueis ou cabalos dobrando e desdobrando un anaco de papel. Tanto lles gustou a actividade que fixeron unha caravana de carros como si estivesen no lonxano oeste e pediron repetir a experiencia. Tomamos nota.

Facendo chapas

Os rapaces de 2º ESO A estiveron a fabricar chapas identificativas co logo do grupo de investigación ao que pertencen, que lucirán nas batas de laboratorio. Unha vez escollidas as imaxes de Curie e Newton pasaron á acción: fabricaron chapas de alfinete como auténticos profesionais, iso si, sen perder a vertente divertida. Decidiron o deseño, repartiron o traballo e había que velos usando a máquina de facer chapas, poderían crear unha produtiva empresa de merchandising.  

IMG-20210405-WA0001.jpgIMG-20210405-WA0003.jpgIMG-20210405-WA0005.jpg
20210322_095224.jpg20210322_095151.jpg

Aproveitando esta actividade estiveron coñecendo curiosidades destes dous científicos aos que homenaxean e participaron en concursos sobre a súa vida e as súas investigacións. A loita foi dura xa que tiñan moitos coñecementos sobre Marie e Isaac e ó final todos gañaron aínda que só houbese un vencedor.

VAI DE PREMIOS NOBEL

O pasado martes día 6 a Academia Sueca fallou o Premio Nobel de Física 2020. Entre os tres galardonados polas súas contribucións á física dos aguxeiros negros atópase o británico Roger Penrose. Aínda que non é usual que fagamos este tipo de declaracións, o recoñecido amor pola ciencia pura imperante no alumnado do IES Plurilingüe Elviña (e, por que non dicilo, un certo inconfesado desexo de saír das tristes rutinas impostas polo ditoso virus), lévanos a abrir esta xanela para felicitar a un dos descubridores do Efecto Terrell.

Penrose-01Penrose-01
Penrose meditando (é o da dereita)Obra adicada do autor a un tal Pedro

Sherlock fai das súas

Os alumnos e as alumnas de 6º de primaria do centro adscrito CEIP Plurilingüe Manuel Murguía puxeron en práctica os seus dotes detectivescos localizando impresións dixitais. No laboratorio de Ciencias Naturais trataron con po de carbón, e unha minuciosidade propia de Sherlock Holmes, o material de vidro para buscar as impresións dixitais escondidas. Pero non acabaron aí as súas ansias detectivescas, no laboratorio de Química traballaron como auténticos CSI usando iodo para o revelado das pegadas e seguindo todo o procedemento dun laboratorio de criminalística (bata de laboratorio, lentes e campá extractora incluída).

Toda a rapazada gozou desta busca de pegadas, e os que non somos tan rapaces tamén, e esperamos con ansia compartir máis actividades no espazo maker.

 

     
Distribuir contido


by Dr. Radut