Skip to Content

Anuncios

PROGRAMA "A CORUÑA NO MUNDO" DO CONCELLO. BOLSAS PARA FACER 1º BACH. EN CANADÁ

BOLSAS NORTEAMÉRICA
PARA
ALUMNADO DE 4º ESO

Bolsas Canadá (Concello da Coruña)

     O Servizo de Educación do Concello da Coruña volve facer convocatoria pública de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato en Canadá no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello.

    O prazo de inscrición será de 10 días desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP da Coruña, (en principio, segundo se nos informa a través do Concello, desde o 20 de novembro ata o 3 de decembro).

   As inscripcións deberán facerse on line a través dos enlaces que se activarán no Portal de programas do Concello e o resgardo xunto coa documentación necesaria haberá que entregalo en rexistro oficial (MOD001 na sede electrónica do Concello ou oficinas de rexistro administrativo oficiais na cidade).

   Os requisitos para poder optar á axuda: estar empadroado no concello da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6 puntos e de 7 na materia de inglés.

DESCARGAR: Bases "Bolsas nortemérica" (galego)
DESCARGAR: Bases "Bolsas norteamérica" (castelán)

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN
DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO


ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2024], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 5 membros do profesorado
b) 3 membros dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 1 membros do persoal de administración e servizos


CALENDARIO ELECTORAL

Unha vez constituída a Xunta Electoral do centro o día 24 de outubro, queda aprobado pola mesma o calendario electoral que será de aplicación ao procedemento.

PROCEDEMENTODATASLUGAR E MODO
Publicación de censos provisionaisDo 24/10 a 05/11Na secretaría do centro
Reclamación a datos erróneos
nos censos provisionais
ata o 05/11Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Presentación de candidaturas
aos distintos sectores
Do 24/10 a 
05/11 (14:00h)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Sorteo para os membros das mesas
electorais de familias e alumnado
06/11En reunión da Xunta electoral
Proclamación de candidatos presentados06/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Período de reclamación contra
as candidaturas
Do 06/11 a 11/11
(ata as 11:00)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Resolución de reclamacións
contra as candidaturas
14/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Campaña electoralDo 07/11 ao 17/11 
Xornada de votacións (alumnado)20/11 (de 08:50 a 12:00)

No centro
(reconto de 12:00 a 13:00 horas)

Xornada de votacións (familias)19/11 (de 16:00 a
18:00 horas)
No salón de actos do centro
Xornada de votacións (docentes)21/11En Claustro extraordinario
Proclamación de candidatos electos25/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Constitución do novo Consello escolar05/12 

 

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS DE ALUMNADO

Presentación

Portal WEB da Competencia dixital (Consellería de Educación)

Instrucións para a realización da proba (alumnado)

*   *   *

ENLACE COA PROBA

1. Comprobar data e hora do ordenador antes de comezar a proba

2. Introducir datos de entrada:

     USUARIO: DNI/NIE

     CONTRASINAL: comdix4eso

3. Introducir PIN

 

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

ACTO DE GRADUACIÓN
2º curso de Bacharelato
2022-2024

No auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña

Orla 22-24

Distribuir contido


by Dr. Radut