Skip to Content

PROGRAMA "A CORUÑA NO MUNDO" DO CONCELLO. BOLSAS PARA FACER 1º BACH. EN CANADÁ

BOLSAS NORTEAMÉRICA
PARA
ALUMNADO DE 4º ESO

Bolsas Canadá (Concello da Coruña)

     O Servizo de Educación do Concello da Coruña volve facer convocatoria pública de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato en Canadá no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello.

    O prazo de inscrición será de 10 días desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP da Coruña, (en principio, segundo se nos informa a través do Concello, desde o 20 de novembro ata o 3 de decembro).

   As inscripcións deberán facerse on line a través dos enlaces que se activarán no Portal de programas do Concello e o resgardo xunto coa documentación necesaria haberá que entregalo en rexistro oficial (MOD001 na sede electrónica do Concello ou oficinas de rexistro administrativo oficiais na cidade).

   Os requisitos para poder optar á axuda: estar empadroado no concello da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6 puntos e de 7 na materia de inglés.

DESCARGAR: Bases "Bolsas nortemérica" (galego)
DESCARGAR: Bases "Bolsas norteamérica" (castelán)

 



page | by Dr. Radut