Skip to Content

Anuncios

CALENDARIO E FELICITACIÓN DE NADAL DO IES ELVIÑA

HORARIO DE ATENCIÓN DA SECRETARÍA
DURANTE O NADAL

    Durante o período de Nadal a secretaría do centro abrirá os días e horas seguintes:

días 26, 27 e 28 de decembro de 10:00 a 12:30 horas

     Lembren que as solicitudes de certificacións débense facer a través desta mesma web (sección CERTIFICACIÓNS na icona lateral esquerda) e serán atendidas en prazos legais. Para outras consultas, poden utilizar o correo electrónico do centro.

FELIZ NADAL E ANINOVO!

Feliz nadal

 

 

CONCELLO DA CORUÑA. CONVOCATORIA BOLSAS USA 2024

Bolsas USA

O Servizo de Educación do Concello da Coruña volve facer convocatoria pública de axudas económicas para o alumnado de 4º de ESO que desexe estudar o primeiro curso do Bacharelato nos Estados Unidos de América no vindeiro ano académico. As bases completas da convocatoria poden ser consultadas e descargadas na páxina de Programas educativos do Concello.

    As solicitudes poderán presentarse a partires do 23 de outubro e ata o 6 de novembro. A solicitude cúbrese on line a través da ligazón de ficha de solicitude da propia páxina do programa. Os requisitos: estar empadroado na provincia da Coruña, cursar 4º de ESO, ter acadada unha media en 3º de 6 puntos e de 7 na materia de inglés. Pódese descargar o resumo da convocatoria coas principais informacións clicando no mapa dos USA (Just below!).

USA

RECEPCIÓN TITORES-PAIS

XORNADA DE FAMILIAS E TITORES

IES PLURILINGÜE ELVIÑA

 

 020202

     Atendendo ao inicio do curso 2023-2024, o IES Plurilingüe Elviña realizará a habitual xornada de recepción das familias polos docentes titores. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 5 de outubro a partir das 18:00 horas. Para axilizar o procedemento, as familias accederán ao centro en dúas quendas, segundo o nivel no que estean matriculados os/as seus/súas fillos/as.

a. A partir das 18:00 horas: as familias de 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato (excepto 2º Bach A) accederán directamente ás aulas en compaña dos docentes titores

b. A partir das 18:30 horas: as familias de 1º ESO accederán ao Salón de actos para unha pequena recepción previa por parte do equipo directivo e do Dpto. de orientación. Despois pasarán cos titores.

IMPORTANTE: debido á ausencia prevista do titor de 2º de Bacharelato A, a este grupo se lle citará co titor para o luns día 09 ás 18:00 horas

     Teñan en conta que o espazo nas aulas e no Salón é limitado, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.

Contamos coa súa presenza!

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

Este luns 11 de setembro, coincidindo co inicio das clases, comezaremos a entrega dos libros do fondo co alumnado de 4º e 2º de ESO. Nos vindeiros días entregarase ao alumnado os libros asignados na listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto 23/24. A entrega realizarase na seguinte orde:

NIVEL/GRUPO

DATA DE ENTREGA PREVISTA

4º ESO
2º ESO (inicio)
luns 11 de setembro
2º ESO (fin)
1º ESO (inicio)
martes 12 de setembro
1º ESO (fin)
3º ESO (inicio)
mércores 13 de setembro
3º ESO (fin)xoves 14 de setembro


     O cumprimento destes prazos de entrega dependerá en boa medida do horario dos grupos. Todo o alumnado recibirá un comprobante dos libros recibidos que deberán conservar ata fin de curso para asegurarse da súa correcta devolución. É importante subliñar que nesta semana varias editoriais non iniciaran aínda a distribución dos libros, co que pode haber libros que sexan entregados máis tarde.

IMPORTANTE: O alumnado que formalizou a súa matrícula con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de asignación de libros, recibirá os libros a partir do xoves 12.

Curso 2023-24. Inicio de curso (5). Información sobre grupos de alumnado

Inicio do curso 2023-24

Información sobre grupos
de alumnado

    O luns día 11 de setembro a partir das 08:40 horas procederase ao inicio do curso en todos os cursos de ESO e Bacharelato. O alumnado de todos os niveis pasará unha sesión cos seus titores e terá ao longo da mañá as súas primeiras clases en varias materias. Haberá, polo tanto, clase normal ata a hora de saída ás 14:10 horas [Ver Horario diario do centro].

CONFORMACIÓN
DE GRUPOS

     Para as familias que dispoñen de Abalar, o grupo no que estará asignado o/a seu/súa fillo/a estará dispoñible na propia aplicación proximamente en canto as listaxes de alumnado sexan definitivas. Bastará con consultar a aplicación.

    Ademais, o luns a primeira hora haberá listaxes dispoñibles colgadas nas paredes da entrada para a súa consulta polo alumnado.


AULAS ASIGNADAS
AOS GRUPOS

     Os grupos de cada nivel estarán asignados a unha aula de referencia durante todo o curso. As aulas de referencia para os grupos de 2º, 3º, 4º e Bacharelato se reflicten no cadro. Os grupos de 1º de ESO entrarán directamente ao Salón de actos ás 08:45 horas e desde alí irán cos titores ás súas aulas.

GRUPOAULAANDAR
2º ESO AA131º Piso
2º ESO BA141º Piso
2º ESO CA16
1º Piso
2º ESO DA121º Piso
2º ESO EA171º Piso
3º ESO AA101º Piso
3º ESO BA091º Piso
3º ESO CA081º Piso
3º ESO DA071º Piso
3º ESO PDCA111º Piso
4º ESO AA011º Piso
4º ESO BA031º Piso
4º ESO CA041º Piso
4º ESO DA021º Piso
1º BACH AA181º Piso
1º BACH BA211º Piso
2º BACH A EPV-2Soto
2º BACH BANovaSoto

As aulas estarán indicadas en cada andar.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA AO
CENTRO O PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Ver a anterior publicación nesta mesma WEB.

Distribuir contido


by Dr. Radut