Skip to Content

Anuncios

ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR (2)

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN
DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO


ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 3 membros do profesorado
b) 1 membro dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 0 membros do persoal de administración e servizos


CALENDARIO ELECTORAL

Unha vez constituída a Xunta Electoral do centro o día 4 de novembro, queda aprobado pola mesma o calendario electoral que será de aplicación ao procedemento.

PROCEDEMENTODATASLUGAR E MODO
Publicación de censos provisionaisDo 4/11 a 11/11Na secretaría do centro
Reclamación a datos erróneos
nos censos provisionais
ata o 11/11Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Presentación de candidaturas
aos distintos sectores
Do 4/11 a 
14/11 (10:00h)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Sorteo para os membros das mesas
electorais de familias e alumnado
14/11En reunión da Xunta electoral
Proclamación de candidatos presentados14/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Período de reclamación contra
as candidaturas
Do 14/11 a 16/11
(ata as 11:30)
Na secretaría do centro a través
do formulario correspondente
Resolución de reclamacións
contra as candidaturas
16/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro
Campaña electoralDo 15/11 ao 23/11 
Xornada de votacións (alumnado)25/11 
Xornada de votacións (familias)29/11 (de 16:30 a
18:00 horas)
No salón de actos do centro
Xornada de votacións (docentes)28/11 
Proclamación de candidatos electos30/11En reunión da Xunta electoral
Publicación no taboleiro do centro

VALES EXTRAORDINARIOS DE MATERIAL (FONDOLIBROS 2022-23)

CONCESIÓN DE VALES DE MATERIAL EXTRAORDINARIOS DO FONDOLIBROS 2022-23

    A Xunta de Galicia comunica aos centros oficialmente que en datas próximas procederá á asignación directa dun vale de material extraordinario por valor de 25 € a todos os participantes do Fondolibros 2022-23 que xa recibiran o vale de 50 € asignado ata agora. A concesión do novo vale será directa e sen ter que facer xestión algunha por parte das familias e terá efecto desde o día seguinte á publicación da nova normativa no DOG.

     Avisarase proximamente a través de ABALAR unha vez que os vales estean dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro.

 

 CONTÍA 25 EUROS
 TRAMITACIÓN Automática para todos os que recibiron o vale anterior
 RECOLLIDA

 Na secretaría do centro a partir do día seguinte
 á publicación no DOGA da orde de pago
(AVISARASE POR ABALAR)

 

 

PREMIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL ESO 2021-22

Convocatoria dos premios ao esforzo e á superación persoal na ESO (curso 21-22)

     O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022. O alumnado interesado en participar nesta convocatoria do premio debe facelo mediante instancia persoal presentada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, co código de procedemento ED311E.

 

      Segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de setembro.

 

INICIO DE CURSO (3). TRANSPORTE ESCOLAR. CURSO 22-23

HORARIO E PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE CONTRATADO POLA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE:

O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É
O HORARIO APROXIMADO QUE NOS COMUNICA A COMPAÑÍA DE TRANSPORTE: NON
PODEMOS SER MÁIS PRECISOS

¡ESTEAN CON ANTELACIÓN NAS PARADAS E TEÑAN PACIENCIA!

 

O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar

O ALUMNADO DEBE UTILIZAR EXCLUSIVAMENTE A PARADA QUE SE SOLICITOU NO MOMENTO DA MATRICULACIÓN

Cada alumno/a estará na parada que lle corresponda dos seguintes cadros.

*        *        *

BUS nº 1 (Autos RICO)
PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.)
Castro de Elviña*
7:5515:35
Palavea*
8:0515:45
Fragas do Eume, 20
8:1515:55
Ponte Martinete
8:2016:00

*Modificado o trazado da liña por obras na vía

 

*        *        *

BUS nº 2

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 
   Urb. Breogán, 307:5515:40
   Feáns, 5508:0615:45
   Novo Mesoiro, 30
08:1415:50
   Mesoiro, 7308:2015:55

 *        *        *

BUS nº 3
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
  Novo Mesoiro, 108:0515:40

*        *        *

BUS 4

PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.) 
  Ribeira Sacra, 38:1015:50
  Ribeira Sacra, 128:1515:55


IMPORTANTE:
Especialmente os primeiros días de clase é posible certo desaxuste sobre os horarios indicados polos responsables da empresa de transportes Teñan en conta que as prazas por autobús están contadas e asignadas por alumnado, polo que é fundamental respectar as paradas que corresponden a cada alumn
o.
 

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO CENTRO

HORARIO DE VERÁN DA SECRETARÍA DO IES PLURILINGÜE ELVIÑA

Infórmase a toda a comunidade escolar que, a partir do martes día 12 de xullo, a secretaría do IES Plurilingüe Elviña pasará a atenderlles no seguinte horario:

Entre 12 e 31 de xullo10:00 a 13:00 horas
Mes de agostoPECHADA
Setembro09:00 a 14:00
Distribuir contido


by Dr. Radut