Skip to Content

Anuncios

CONVOCATORIA DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2024-2025

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
CURSO 2024-2025

 becas

BECAS MEC

Universitarios

PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2024-25

     O pasado día 13 de marzo foi publicada a Resolución da secretaría de estado de educación coa nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2024-2025.

    O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 19 de marzo ata o 10 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 2024-2025

    Lembren que a solicitude e concesión da bolsa de axuda está supeditada ao cumprimento de certos requisitos no curso 2024-25 (manter a matrícula aberta durante todo o curso, non ter absentismo inxustificado en ningunha materia, superar un mínimo do 50 % das materias nas que o/a alumno/a se matricule no curso 24-25). En caso de incumprimento destes requisitos, as contías das bolsas serán reclamadas para a súa devolución.

Enlace coa entrada correspondente no blog da orientadora do centro [En preparación]

 

PROBAS PARA A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ALUMNADO)

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS
(ALUMNADO)

 

   A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación ven de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

    A competencia dixital é unha das competencias clave que se avalían no sistema educativo e a súa acreditación constitúe un dereito do alumnado ao fin da súa educación secundaria. Neste sentido, dentro do Marco galego de competencias dixitais, tense establecido que o alumnado que remata os seus estudos de secundaria coa obtención dos títulos correspondentes, recibirá de oficio as acreditacións correspondentes:

a. coa obtención do título de ESO: acreditarase de xeito automático a competencia dixital no nivel de INICIACIÓN

b. coa obtención do título de Bacharel: acreditarase de xeito automático a competencia dixital nas áreas 1, 2, 3 e 5 no nivel INTERMEDIO.

 

    Aparte destas acreditacións, o alumnado dos niveis educativos de 4º ESO e de 2º Bacharelato interesado en acreditar o nivel INTERMEDIO da competencia dixital en todas as áreas, pode facelo a través dunha proba oficial que se realizará no propio centro de ensino nos meses de abril (2º BACH) e maio (4º ESO).

     O alumnado destes niveis que desexe realizar esta proba deberá presentar a solicitude do enlace de abaixo asinada (por si mesmo, se é maior de idade, ou polos seus proxenitores/titores legais no caso de ser menor) na secretaría do centro para o seu rexistro antes do día 14 de marzo. O documento de solicitude pode tamén solicitarse aos docentes titores destes niveis educativos, que informaron nas aulas destas acreditacións hai uns días.

DESCARGAR FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Toda a información necesaria sobre as probas e contidos das probas está na propia Resolución do 28 de febreiro

Outros enlaces de interese con información sobre as acreditacións e as probas:


Portal da Consellería de cultura: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Portal da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centros/xerenciaproxectos/competenciasdixitaisalumnado

 

MATRÍCULA 2024-2025. PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

[RESUMO do portal da Consellería de cultura]

 

A. INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

     O procedemento de admisión para alumnado de centros adscritos sen praza ou para o alumnado doutros centros estará aberto entre o día 1 de marzo e o día 20. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.

 

B. DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE [Descargar]

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado.

b. ANEXO IIbis co formulario de comprobación de datos no que consten TODOS OS DEMAIS membros da unidade familiar coas súas sinaturas + formulario de conformidade do/a outro/a proxenitor/a cuberto e asinado.

c. Copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo) e de todos os membros da unidade familiar. Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Boletín de cualificacións de xuño/setembro ou certificación académica do/a alumno/a (orixinal ou copia cotexada).

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

f. Documentación xustificativa que corresponda aos criterios de baremo alegados (pode adiantarse no período de admisión ou presentarse no período de alegacións e baremación, ver cadro no punto seguinte)

 

C. PRAZOS E BAREMACIÓN

     Os prazos do procedemento, segundo a Orde de 21 de outubro de 2022, serán os seguintes:

   1. PRESENTACIÓN
   DE SOLICITUDES
   Do 1 de marzo ao
   20 de marzo, incluídos
   2. INFORMACIÓN SOBRE
   PRAZAS NON SUFICIENTES
   Día 21 de marzo
   3. PRAZO DE APORTACIÓN DE
   DOCUMENTOS PARA BAREMACIÓN
   Entre o 21 de marzo e o
   6 de abril, incluídos
   4. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES PROVISIONAIS
   Día 25 de abril
   5. PRAZO DE RECLAMACIÓNS
   CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS 
   Entre o 26 de abril e o
   3 de maio, incluídos
   6. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES DEFINITIVAS
   Día 15 de maio
   7. FORMALIZACIÓN
   DA MATRÍCULA
   Entre o 23 de xuño
   e o 7 de xullo

 

1. Presentación de solicitudes. Entre o 1 e o 20 de marzo. Todas as presentadas despois deste rango de datas serán solicitudes Fóra de prazo e quedarán automaticamente excluídas.

2. Información de prazas non suficientes. No caso de non existir prazas suficientes para algún dos cursos, esta circunstancia farase pública o día 21 de marzo a través desta páxina web e do taboleiro informativo da secretaría do IES Elviña. Esta circunstancia obrigará á baremación das solicitudes corrrespondentes. Os criterios de baremo e a súa xustificación documental responderá ao indicado na lexislación vixente (CRITERIOS DE BAREMACIÓN).

3.Requerimento de subsanación de erros e/ou de aportación de documentación necesaria.
O centro de ensino poderá requerir calquera documentación faltante en prazo de 5 días. A non subsanación de erros poderá ser obxecto de perda do dereito de participación no procedemento.

4. Prazo de aportación de documentos para baremación. Os solicitantes disporán de 10 días hábiles para entregar a documentación que acredite os criterios de baremo que alegasen nos formularios de admisión. Esta documentación, para facilitar o proceso, poderá ser entregada xunto co resto da documentación no período de presentación de solicitudes. IMPORTANTE: NON SE CHAMARÁ A NINGUÉN PARA RECLAMAR A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN.

5. Publicación de listaxes provisionais. As listaxes provisionais faranse públicas únicamente no taboleiro da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica. Na páxina web do centro darase conta da súa publicación cando se produza.

6. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais. As reclamacións deberán presentarse no prazo disposto a través de instancia escrita e asinada na secretaría do centro, facendo constar razoadamente a causa da reclamación. Finalizado o prazo de reclamacións, o consello escolar do centro avaliará e resolverá as reclamacións presentadas.

6. Publicación de listaxes definitivas. As listaxes definitivas faranse públicas únicamente no taboleiro da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica. Na páxina web do centro darase conta da súa publicación cando se produza.

Adorno

Referencias lexislativas aplicables

a.   Decreto 13/22022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

ENLACE COA INFORMACIÓN COMPLETA DE SECRETARÍA SOBRE O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

 

MATRÍCULA 2024-2025. FIN DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA

MATRÍCULA. CURSO 2024-25

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON

RESERVA DE PRAZA DESDE OS CENTROS ADSCRITOS

O pasado día 5 de febreiro rematou o prazo de presentación de solicitudes de reserva desde os nosos centros adscritos (CEIP Plurilingüe Alborada, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro e CEIP Salgado Torres).

Despois de recibir no noso centro todas as solicitudes e validalas de acordo coa lexislación vixente, queremos informar aos solicitantes de que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO NON CUBREN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que ESTES SOLICITANTES TERÁN A OBRIGA DE PARTICIPAR DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E, NO SEU CASO, DE BAREMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES.

*          *          *

Esta resolución/aviso será publicada no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña e comunicada para o seu traslado a todos os intereseados aos centros adscritos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut