BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
PARA ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS
CURSO 2024-2025
PUBLICACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDES
DE BOLSAS MEC PARA O CURSO 2024-25
O pasado día 13 de marzo foi publicada a Resolución da secretaría de estado de educación coa nova convocatoria de bolsas e axudas de carácter xeral para alumnado de estudos postobrigatorios no curso 2024-2025.
O prazo para presentación de solicitudes irá nesta ocasión desde o 19 de marzo ata o 10 de maio, ambas datas incluídas. A presentación de solicitudes debe facerse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Enlaces de interese relacionados coas Bolsas MEC 2024-2025
- Portal de bolsas/becas do Ministerio de educación
- Portal de bolsas/becas do Ministerio de educación (solicitude)
- Páxina de normativa sobre bolsas/becas do Ministerio de educación
- Enlace coa páxina do portal de transparencia do Ministerio de Facenda
- Texto completo da convocatoria
Lembren que a solicitude e concesión da bolsa de axuda está supeditada ao cumprimento de certos requisitos no curso 2024-25 (manter a matrícula aberta durante todo o curso, non ter absentismo inxustificado en ningunha materia, superar un mínimo do 50 % das materias nas que o/a alumno/a se matricule no curso 24-25). En caso de incumprimento destes requisitos, as contías das bolsas serán reclamadas para a súa devolución.
Enlace coa entrada correspondente no blog da orientadora do centro [En preparación]