XORNADA DE FAMILIAS E TITORES
IES PLURILINGÜE ELVIÑA
Atendendo ao inicio do curso 2023-2024, o IES Plurilingüe Elviña realizará a habitual xornada de recepción das familias polos docentes titores. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 5 de outubro a partir das 18:00 horas. Para axilizar o procedemento, as familias accederán ao centro en dúas quendas, segundo o nivel no que estean matriculados os/as seus/súas fillos/as.
a. A partir das 18:00 horas: as familias de 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato (excepto 2º Bach A) accederán directamente ás aulas en compaña dos docentes titores
b. A partir das 18:30 horas: as familias de 1º ESO accederán ao Salón de actos para unha pequena recepción previa por parte do equipo directivo e do Dpto. de orientación. Despois pasarán cos titores.
IMPORTANTE: debido á ausencia prevista do titor de 2º de Bacharelato A, a este grupo se lle citará co titor para o luns día 09 ás 18:00 horas
Teñan en conta que o espazo nas aulas e no Salón é limitado, pregamos que non veñan acompañados para que poida acceder o meirande número de familias interesadas en asistir á presentación.
Contamos coa súa presenza!