Skip to Content

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Actividade do IGFAE

Día da Muller e a Nena na Ciencia IGFAEO Día da Muller e a Nena na Ciencia incluiu entre outras actividades unha Masterclass no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, na que se exploraban datos do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns do CERN, en Suiza, o acelerador de partículas máis grande do mundo.

A exclusividade do evento fixo que houbera que limitar a participación a dúasDiplomas alumnas por centro. Aínda que iso fixo que algunhas compañeiras tiveran que quedar, o centro non puido estar mellor representado que polas nosas queridas Alicia e Sofía, do Club de Ciencia, acompañadas por Isabel, a súa profesora de Física e Química.

A xornada completa de traballo constou de varias charlas moi especializadas e sesións prácticas de traballo nas que se asomaron á última fronteira da Física subatómica máis punteira, explorando os límites do modelo estándar, traballando con ferramentas reais de detectores de partículas en uso e poñendo en común os resultados mediante videoconferencia co CERN.

A galería de imaxes e vídeos da conta da intensidade do día e testemuña o merecido recoñecemento que recibiron en forma de diploma pola súa participación. Parabéns!

 

Foto01Foto02Foto03Foto04
Foto05Foto08Foto09Foto11

 



page | by Dr. Radut