Skip to Content

CHEGA O NADAL

Co Nadal a voltas

Felicitación


     E chegou, coma quen non quere a cousa, o 22 de decembro! Abofé que poucos crían hai dous meses que chegaríamos enteiros con todo o que está a caer! Pero chegamos. E agora que comezan as xornadas do Nadal, toca despedir o ano e darlle a benvida ao 2021.

     Precisamente nestas datas, os docentes e o alumnado do IES Elviña adoitabamos celebrar o festival de Nadal, coas actuacións dos cursos, as obras de teatro, os recitais... Boa xornada de festa era!  Pero... chegou o Covid e, xa sabemos, acabou o conto e a festa tornou cousa seria...

     Contodo, a comunidade docente do instituto de Elviña non quixo (e non quere) tampouco este ano deixar pasar esta data sinalada sen pór algo de alegría entre tantas tristuras, así que creou un vídeo (o vídeo) cangado de humor para despedir este malfadado 2020 e para darlle a benvida ao 2021. Para que co vacinado aninovo poidamos deixar cedo atrás as máscaras e as miserias da enfermidade. Con ese desexo no espírito, todos os participantes da filmación deste ano fixeron o seu mellor esforzo e puxeron o maxín a producir. Velaquí o resultado de tantos desvelos. Compartímolo, como sempre, con toda a comunidade de Elviña cos nosos mellores desexos para o vindeiro ano.

Por un 2021 que nos devolva á vella normalidade!

Todo o persoal do IES Plurilingüe Elviña
deséxalles un feliz Nadal e un próspero ano

 *      *     *

HORARIO DA VINDEIRA SEMANA

ACLARACIÓN SOBRE HORARIO DO MARTES 22/12/2020

Ante as consultas plantexadas ao centro por varias familias sobre o horario da última xornada lectiva do ano (martes día 22) informamos á comunidade educativa de que o martes 22 de decembro non haberá ningunha modificación no horario habitual (mañá: 08.30/09.20 a 14.00/14.50 e tarde 16:10/17:00 a 17.50/18.40).

En todo caso, a dirección do IES asumirá calquera orde das autoridades da Xunta de Galicia e da Consellería de cultura que impoñan modificacións nestes horarios, de ser o caso. Neste sentido, recomendamos, ás familias que estean atentos ás informacións que se poidan publicar a través dos portais da Xunta de Galicia, desta web, do servizo Abalar do centro ou dos medios de comunicación.

PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE MASCARILLAS AO ALUMNADO

PROCEDEMENTO DE ENTREGA DAS MASCARILLAS AO ALUMNADO

     Como xa se informou hai días, a Consellería de cultura, educación e universidade, a través da Orde de 6 de novembro de 2020 informou da entrega de mascarillas ao alumnado de educación primaria e educación secundaria que cumprise os requisitos de renda, encargando aos centros de ensino a xestión de todo o procedemento.
     A Consellería e
nviou aos centros a seguinte indicación sobre a entrega, que se realizará en datas vindeiras:

Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificación UNE para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas.
Distribuiranse seguindo as instrucións recollidas na Orde de 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería no curso 2020-2021.
Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.
Requisitos mínimos: apartado cuarto e quinto da Orde SND/354/2020
Que cumpran coa normativa UNE 0065
Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade (número de lavados), e dos días lectivos que resten de curso.”

      En consecuencia, o IES Elviña entregará ao alumnado 5 mascarillas hixiénicas reutilizables (con durabilidade de 25 lavados cada unha), o que corresponde coas 122 xornadas lectivas que van do 1 de decembro ao 22 de xuño (fin de curso).
     As mascarillas serán entregadas polo profesorado titor ao alumnado destinatario de cada aula, quen deixará constancia da recepción nunha folla de control. A entrega das mascarillas realizarase entre os días 3 e 11 de decembro, en canto as empresas subministradoras contratadas as envíen ao centro
. As familias do alumnado que, pola razón que sexa, non recolla a mascarilla no día da entrega, deberán recollelas na secretaría do centro entre o día 14 e o 18 de decembro.

CARTA CIRCULAR DE INFORMACIÓN SOBRE AS MASCARILLAS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE MASCARILLAS (PROVISIONAL)

Hoxe venres publicaronse as listaxes de adxudicación PROVISIONAIS de mascarillas no taboleiro de anuncios da secretaría do instituto. Haberá un período de reclamación de dous días lectivos desde a publicación destas listaxes. A partir do día 2 de decembro, as listaxes entenderanse como definitivas.

UNHA DE PREMIOS

UN PREMIO DO CONCURSO DE DEBUXO PICASSO CORUÑÉS PARA UNHA ALUMNA DO IES ELVIÑA

     Co aquel do coronavirus, ben parece que non hai máis noticias que as tristes ou as institucionais. Se cadra, en tempo futuro, cando poidamos botar a vista atrás para recoller a sembra destes tempos de enfermidade e prudencia sanitaria, atoparemos que este paréntese tivo a virtude de nos facer máis conscientes, máis solidarios e fortes. Mentres esperamos eses tempos, chega unha fermosa noticia para o noso centro, unha celebración, cando tan faltos estamos de motivos para a festa: unha das nosas alumnas de 1º de Bacharelato -facendo honor ao centro, crítica, intelixente e talentosa-, Paula Salgado Torres obtivo o Premio José Luis Bugallal Marchesi á mellor ilustración, dentro do VI Concurso de Debuxo Picasso Coruñés que todos os anos se celebra na nosa cidade organizado pola Asociación de Prensa de A Coruña en colaboración con varias institucións locais, autonómicas e internacionais.

     A temática escollida pola xenial creadora foi a loita contra o racismo, de tan triste actualidade polos recentes feitos nos Estados Unidos de América. O seu traballo sobresaliu entre os moitos presentados ao concurso procedentes de toda a Galicia. Parabéns polo seu premio á nosa benquerida Paula, promuller da cultura galega. Todos os que a coñecemos sabemos que o merece e compartimos o seu orgullo e a súa alegría. Facemos extensible a nosa felicitación á súa familia, na que, xa se nota, agroma a calidade por arrobas.

Foto2Foto 1
A xoven gañadora recolle o seu premioO debuxo gañador

Velaquí, para deleite de propios e extraños, a nota de prensa do evento:

Nota de prensa
Distribuir contido


by Dr. Radut