Skip to Content

VAI DE LOGOS: PREMIOS DO CONCURSO DE LOGOS DE INTERNACIONALIZACIÓN

E LOGO DO LOGO: NOVO LOGO

Hai uns días informabamos do fallo do concurso de logos do Programa de Internacionalización do IES Plurilingüe Elviña. Candela, a talentosa gañadora do concurso, propuxo unha vistosa e colorista creación que fixo as delicias do esixente xurado (véxase entrada). A partir da súa bela e imaxinativa composición, a xerente do gabinete de deseño industrial e imaxe corporativa do noso centro, máis coñecida (e admirada) como Iria Varela, realizou, coa colaboración da propia Candela, unha versión simplificada e oficial da primeira proposta, que será, a partir do mes de maio, a imaxe do Proxecto Breaking Walls comandado por María Sancosmed. Por certo, que haberá pronta ocasión de presentar esta nova versión do logo en sociedade, pois o grupo de internacionalización ten xa mesmo no maxín unhas cantas actividades in progress.

LOGOCandela
O novo logo de internacionalizaciónA entrega oficial do novo logo

E por fin (disque nunca foi tarde se a causa é boa), a feliz gañadora recibiu o premio pola súa victoria de mans das autoridades competentes. A todo isto, como o importante, segundo afirmaba Pierre de Coubertin, non é gañar senon participar, tamén se entregou un agasallo a todos/as os/as participantes no concurso polas súas amables contribucións. Velaí algunhas fotiños do evento (as demais, xunto a outras moitas que farán as delicias do público interesado, no Instagram do centro).

AdriánCandelaNerea


ATA LOGO!

Imprimindo en 3D

No espazo Maker queremos que o protagonismo creativo sexa dos estudantes, que eles deseñen, constrúan e dean forma ás súas ideas. Seguindo este espírito, dous alumnos de 4º da ESO A, Iago e Martín, compartiron os seus coñecementos sobre deseño e impresión en 3D con compañeiras de 1º da ESO. A experiencia foi enriquecedora polas dúas bandas, os profesores fixeron un traballo excepcional explicando e resolvendo as dúbidas que xurdían, e o alumnado gozou coa actividade á vez que aprendía os principios básicos do deseño en 3D e o funcionamento da impresora. Claro que todo isto non estaría completo se non levaran á práctica o aprendido, así que dito e feito, puxéronse mans á obra e deseñaron uns chaveiros co nome de cada un e os imprimiron. Poden estar orgullosos dun traballo ben feito, parabéns.

Obradoiro de papiroflexia

Como se sabe a papiroflexia é unha arte que consiste no encartado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cales poderían considerarse como auténticas esculturas de papel. Os rapaces aproveitaron a habilidade do profesor de bioloxía Luís Rodríguez nesta disciplina e asistiron a un obradoiro no que fixeron un carro de bueis ou cabalos dobrando e desdobrando un anaco de papel. Tanto lles gustou a actividade que fixeron unha caravana de carros como si estivesen no lonxano oeste e pediron repetir a experiencia. Tomamos nota.

DÍA DO LIBRO 2021

UNHA CELEBRACIÓN DA POESÍA
NO DÍA DO LIBRO

LibrosComo cada ano, o día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro (xa non dicimos todo iso de Cervantes, de Shakespeare e do Inca Garcilaso, a quen lle interese, pode aprender do enlace...).

O IES Plurilingüe Elviña, fór co vento ou fór coa chuvia, co sol ou coa lúa, confinado ou sen confinar, non deixou nengún ano de celebrar esta festa das venerables e menesterosas letras. Non ía ser menos neste curso das frías distancias e das abafantes máscaras.

Tocoulle turno ao xénero dos xéneros, o xénero fondo, o da beleza e a sonoridade, peza reservada aos lectores íntimos, aos que buscan non os lexítimos praceres do entretenemento novelesco, senon o paladeo exquisito da eterna verdade humana, mergullada nas ancestrais verbas da tribu. Nunha palabra, a poesía.

Coa colaboración de departamentos do instituto tan varios como biblioteca, lingua castelá, lingua galega, lingua inglesa, lingua francesa, linguas clásicas, dinamización ou tecnoloxía (deixámolo aí para non dar pé ás murmuracións), seleccionáronse textos líricos nas distintas linguas coñecidas e estudadas no centro para facer un vídeo conmemorativo coas lecturas feitas -ás veces con notable imaxinación- polo alumnado dos distintos grupos. Foron moitos os colaboradores, que leron poemas ou grabaron vídeos (maese Cóvid manda). Contodo, só algúns foron os elixidos na versión definitiva que podemos ver aquí.

Que ninguén o tome a mal: a lectura foi o premio. Cando avanzamos na palabra dos poetas -xa non palabras súas, senon cedidas á humanidade, solidarias e comunais-, en certa maneira facémonos poetas, depositarios das mesmas emocións que foron, das que son e das que serán. Velaí o vídeo, na nosa canle de Youtube.

Versión extendida do vídeo

 
Colaboración co Vasile Lucaciu College romeno (programa Erasmus+)

VLXa sabedes todos que o noso centro, a través da fermosa iniciativa do Erasmus+, liderado pola nosa benquerida María Sancosmed, avanza polo camiño da internacionalización. Nesta ocasión, contamos nesta actividade coa colaboración duns nosos amigos de Romanía. O Colegiul Naţional Vasile Lucaciu de Baia Mare quixo facer a súa propia homenaxe á lectura neste Día do libro contribuíndo, coma nós, cun fermoso vídeo feito polo seu alumnado: noble acto de irmandade académica e humana para esta noble ocasión. Irmandade no Cóvid, tamén, neste caso, pois os nosos amigos romenos tiveron que facer as súas lecturas confinados. Que poidan liberarse desa carga cedo!
Un afectuoso saúdo a Romanía desde o IES Elviña!

 

... E unha lembranza para Paco Brines

O Día do libro é tamén a ocasión en que no noso país entrégase o premio Cervantes. Este ano foi elixido o poeta Francisco Brines, da xeneración social do 50. Moi maior está Paco Brines -se cadra non recollerá o premio en persoa-. Sexa como fose, non haberá mellor maneira para rematar esta xa longa entrada da nosa web que cunhas palabras deste grande poeta valenciano, que cantan á beleza da vida, da xuventude e da amistade. Vaia polo maestro!

Estaban en la plaza, rodeados
por la luz inclinada de la tarde,
cerca de las estatuas.
Los jóvenes, tendidos junto al muro,
sumíanse en el tiempo.
Y él se sentó debajo de los arcos,
en la primera grada.
Con el pecho latiendo,
miraba con los ojos encendidos
la inquieta cercanía de los otros.

   Más allá de las aves y las torres,
cubriendo los abismos,
ascendía la sombra de la tierra.
Le miraron, y el golpe
vivo del corazón
hizo entreabrir la suavidad del labio
en tímida sonrisa,
en hermosas palabras de amistad.

    Hablaban los dos jóvenes,
y otro después, y pronto se agruparon
todos los extranjeros de la plaza
alrededor, visibles a la luna,
con los distintos rasgos de su origen.
Hablaban con amor
de sus lejanos reinos, y olvidaban
la sigilosa huida del hogar,
el deseado encuentro con la tierra
de la esquiva alegría.

     La emoción del recuerdo fue quemando
su errante corazón,
y al encontrarse solo, ya en el alba,
se durmió envejecido y misterioso.

                   [De Palabras a la oscuridad]

 

CAMPAÑA DE DETECCIÓN DO SARS-COVID-2 (COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DA CORUÑA)

CRIBADO GRATUÍTO NAS FARMACIAS DA
PROVINCIA DA CORUÑA PARA XÓVENES
ENTRE 12 E 17 ANOS

Campaña de cribado Sars-CoVid

     A partir deste luns día 19 de abril, o Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (COFC) coa colaboración da Consellería de sanidade puxo en marcha unha iniciativa destiñada aos nosos xóvenes para a prevención e identificación de casos de Cóvid non rexistrados. Trátase dun cribado gratuíto dirixido a persoas de entre 12 e 17 anos.

    O cribado realizarase cunha sinxela proba de detección do coronavirus a través da saliva. Para realizalo, será necesario solicitar o kit que haberá dispoñible en calquera das farmacias colaboradoras (VER LISTAXE DE FARMACIAS). O persoal farmacéutico tramitará a solicitude e comprobará o cumprimento dos requisitos para a realización da proba. Pode consultarse a información completa da iniciativa na páxina oficial da campaña.

Distribuir contido


by Dr. Radut