Skip to Content

SOLICITUDE DE MASCARILLAS

REPARTO DE MASCARILLAS AO ALUMNADO

     A Consellería de cultura, educación e universidade ven de publicar a Orde de 6 de novembro de 2020 segundo a cal proporcionará, a través dos centros de ensino, mascarillas a todo aquel alumnado cuxa renda per cápita familiar non supere os 6 000 €. Dado que esta é a cantidade que se utiliza como tope para a obtención do vale de material escolar do Fondolibros, todos aqueles aos que lles foi concedido o vale no mes de setembro (ou máis tarde no caso de formalización da matrícula por traslado) terán dereito de oficio ás mascarillas.

     No resto dos casos, as familias deberán facer solicitude no prazo máximo de 10 días habiles a conar desde o 13 de novembro (data de publicación no DOG da Orde correspondente), é dicir, con data límite de 26 de novembro. A tramitación deberá realizarse na SECRETARÍA do propio instituto.

     Poden atopar os documentos necesarios e toda a información na Sede electrónica da Xunta de Galicia (PROCEDEMENTO ED330E).


DOCUMENTACIÓN NECESARIA

(salvo o ANEXO I, toda a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

a) ANEXO I

b)
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. En casos excepcionais, permitirase un volante de convivencia como xustificante.

c)
Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE: ENTREGA DAS MASCARILLAS. En datas vindeiras informarase do procedemento de reparto das mascarillas entre o alumnado ao que lle correspondan.

PECHE DA CIDADE

ALUMNADO DO IES ELVIÑA QUE SE DESPRAZA DIARIAMENTE DESDE OUTROS MUNICIPIOS

Ante as posibles dúbidas sobre a circunstancia do peche perimetral da cidade da Coruña decretado este venres pola Xunta de Galicia, o alumnado matriculado no noso centro que veña desde outros municipios pode facer uso do carné escolar do centro para xustificar o seu desprazamento á cidade ante as autoridades se así llo requiren.

VAI DE PREMIOS NOBEL

O pasado martes día 6 a Academia Sueca fallou o Premio Nobel de Física 2020. Entre os tres galardonados polas súas contribucións á física dos aguxeiros negros atópase o británico Roger Penrose. Aínda que non é usual que fagamos este tipo de declaracións, o recoñecido amor pola ciencia pura imperante no alumnado do IES Plurilingüe Elviña (e, por que non dicilo, un certo inconfesado desexo de saír das tristes rutinas impostas polo ditoso virus), lévanos a abrir esta xanela para felicitar a un dos descubridores do Efecto Terrell.

Penrose-01Penrose-01
Penrose meditando (é o da dereita)Obra adicada do autor a un tal Pedro

LIBRO DE MÚSICA DE 2º ESO

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O LIBRO DE MÚSICA DE 2º ESO

     O Dpto. de Música avisa que a Editorial Teide suspendeu a publicación do Libro de Música de 2º ESO que se estaba a utilizar ata este ano e do que dispón a maioría do alumnado. Ante esta situación, comunica o seguinte:

A. O libro antigo seguirá a ser libro de referencia para o alumnado. Os alumnos que dispoñan del non precisan outro libro.

B. O alumnado que non dispón aínda de libro poderá utilizar a nova edición do manual de Música da mesma editorial, actualizado e moi parecido ao libro antigo. Os datos do libro son os mesmos que xa había cun novo ISBN: 978-84-307-7810-2

En todo caso, laméntase a molestia que puidese ocasionar esta circunstancia no alumnado e nas familias.

HORARIOS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR

PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21 

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE
SERVIZO DE TRANSPORTE DA CONSELLERÍA

*     *     *

 TURNO 1 (1º e 2º ESO, entrada ás 08:30 horas)

As horas son as que nos proporcionan as compañas de transporte contratadas pola Consellería de Cultura

LIÑA 1. AUTOS RICO
PARADAHora
  Palavea
07:50
  Castro de Elviña
07:45
  Val de Mesoiro (Novo Mesoiro, 10)
08:00
  R/ Ribeira Sacra, 12
08:05
  Chegada ao IES Elviña08:20

 

LIÑA 2. AUTOS ORÓNS
PARADASENTRADA/SAÍDA
  Urbanización Breogán, 3
-30 minutos
  Feáns 55/56
-25 minutos
  Feáns cruce cemeterio
-25 minutos
  Rúa Fragas do Eume, 20
-20 minutos
  Rúa Ribeira Sacra, 3
-15 minutos
  Novo Mesoiro, 30
-10 minutos
  Ponte Martinete
-10 minutos
  Chegada ao IES Elviña08:20

 *     *     *

TURNO 2 (3º, 4º e BACH, entrada ás 09:20 horas)

As horas son as que nos proporcionan as compañas de transporte contratadas pola Consellería de Cultura

 

LIÑA. AUTOS ORÓNS
PARADASENTRADA/SAÍDA
  Urbanización Breogán, 3
- 30 minutos
  Feáns 55/56
- 25 minutos
  Feáns cruce cemiterio 
- 25 minutos
  Rúa Fragas do Eume, 20
-20 minutos
  Rúa Ribeira Sacra, 12
-15 minutos
  Rúa Ribeira Sacra, 3
-15 minutos
  Novo Mesoiro, 30
-15 minutos
  Novo Mesoiro, 10-10 minutos
  Ponte Martinete-10 minutos
  Chegada ao IES Elviña09:10


MOI IMPORTANTE: 

O HORARIO DE SAÍDAS DAS PARADAS É APROXIMADO

CÓMPRE ESTAR CON ANTELACIÓN NAS PARADAS

1. O alumnado de Bacharelato non ten dereito a transporte escolar

2. O alumnado debe utilizar exclusivamente a parada que solicitou no momento de matricularse

 

Distribuir contido


by Dr. Radut