Novas Biblioteca

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Queres saber que significa a liña negra que apareceu no corredor do instituto?

Preme aquí e poderás descubrilo

8 de marzo Día da Muller

Por terceiro ano consecutivo presentámosvos a nosa particular forma de conmemorar o Día da Muller. Esta vez somos trece as profesoras que nos caracterizamos doutras mulleres que sobresaíron nun mundo de homes. Na exposición atoparedes as fotos e unha breve biografía de cada unha destas mulleres.

Se queres ver as fotos pasa polo instituto ou preme sobre o texto de María Xosé Queizán, unha das grandes figuras do feminismo galego e que seguro que algún ano será centro das nosas atencións fotográficas.

Segundo Kant, "a muller é un animal doméstico" e, daquela, seguindo a súa lóxica, "as mulleres non teñen conciencia ética". Kant, paradigmático defensor da liberdade, non tivo inconveniente, como a maioría dos pensadores, en defender e sancionar a reclusión da muller no ambiente privado e así, privada da participación racional, científica e política do mundo, convértea en "animal doméstico".

Anti natura

María Xosé Queizán.

CLUB DE LECTURAS (e papantes)

Hoxe, 28 de novembro botamos a andar o noso club de lectura - aínda sen nome- cunha pequena festa na que incluímos cafés , pastas e boas conversas sobre libros. Como podedes ver o éxito foi total.

 

 

Formamos tres grupos de lectura: Os "pequechos" formado por alumnos do primeiro ciclo da ESO, os "medianos" por alumnos do segundo ciclo e , por último os "vellos", mestura de profes e alumnos de bacharelato.

Foi un rato de moita animación onde se escolleron os próximos libros que imos ler, e se barallaron diferentes actividades que poderemos levar a cabo. As lecturas seleccionadas son:

Club de Primeiro Ciclo da ESO: Palabras de Caramelo (Gonzalo Moure) Nun campamento do Sáhara vive un neno sordomudo que ten como amigo a un camelo...

Club de Segundo Ciclo da ESO: El niño con el pijama de rayas (John Boyne) A obra trata dun mozo de nove anos, fillo dun comandante nazi do campo de concentración de Auschwitz en plena Segunda Guerra Mundial.

Club de Bacharelato e Máis: La ladrona de libros (Marcus Zusak) Ninguén mellor que a Morte para narrar unha historia na Alemña nazi de Segunda Guerra Mundial como a que conta "A ladroa de libros", unha novela sobre o extraordinario poder das palabras, escrita polo australiano Marcis Zusak a partir dos recordos familiares.

Esperamos disfrutar pero tamén que todo o centro disfrute das nosas andanzas. Haberá moitas letras, mais non esqueceremos darvos algunha que outra sorpresa.

Animádevos a participar, aínda quedan prazas.

 

Distribuir contido