CLUB DE LECTURAS (e papantes)

Hoxe, 28 de novembro botamos a andar o noso club de lectura - aínda sen nome- cunha pequena festa na que incluímos cafés , pastas e boas conversas sobre libros. Como podedes ver o éxito foi total.

 

 

Formamos tres grupos de lectura: Os "pequechos" formado por alumnos do primeiro ciclo da ESO, os "medianos" por alumnos do segundo ciclo e , por último os "vellos", mestura de profes e alumnos de bacharelato.

Foi un rato de moita animación onde se escolleron os próximos libros que imos ler, e se barallaron diferentes actividades que poderemos levar a cabo. As lecturas seleccionadas son:

Club de Primeiro Ciclo da ESO: Palabras de Caramelo (Gonzalo Moure) Nun campamento do Sáhara vive un neno sordomudo que ten como amigo a un camelo...

Club de Segundo Ciclo da ESO: El niño con el pijama de rayas (John Boyne) A obra trata dun mozo de nove anos, fillo dun comandante nazi do campo de concentración de Auschwitz en plena Segunda Guerra Mundial.

Club de Bacharelato e Máis: La ladrona de libros (Marcus Zusak) Ninguén mellor que a Morte para narrar unha historia na Alemña nazi de Segunda Guerra Mundial como a que conta "A ladroa de libros", unha novela sobre o extraordinario poder das palabras, escrita polo australiano Marcis Zusak a partir dos recordos familiares.

Esperamos disfrutar pero tamén que todo o centro disfrute das nosas andanzas. Haberá moitas letras, mais non esqueceremos darvos algunha que outra sorpresa.

Animádevos a participar, aínda quedan prazas.