ORIENTALINE
8 de marzo Día da Muller
Por terceiro ano consecutivo presentámosvos a nosa particular forma de conmemorar o Día da Muller. Esta vez somos trece as profesoras que nos caracterizamos doutras mulleres que sobresaíron nun mundo de homes. Na exposición atoparedes as fotos e unha breve biografía de cada unha destas mulleres. Se queres ver as fotos pasa polo instituto ou preme sobre o texto de María Xosé Queizán, unha das grandes figuras do feminismo galego e que seguro que algún ano será centro das nosas atencións fotográficas. Anti natura María Xosé Queizán. |