Novas Biblioteca
BIBLIOTECA DE OUTONO: Formación de Usuarios e Samaín
A biblioteca vestiuse de outono cun par de estupendas actividades : celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares cunhas sesións de Formación de Usuarios para os alumnos de 1º de ESO e un arrepiante concurso de lendas de Samaín que rematou nunha rolda de lecturas dalgúns dos autores dos pavorosos contos.
Velaquí tedes a proba.
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Presentamos aquí un vídeo rodado en centros do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, e no que tivemos a fortuna de participar. Presentouse ante delegacións de varias comunidades autónomas de todo o país no Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito (BET) celebrado en Santiago de Compostela a semana pasada e da exemplo do traballo ben feito nas bibliotecas escolares de Galicia.
Un motivo máis para seguir traballando.
Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
LECTURAS DE MEDO
Presentámosvos esta pequena guía de lecturas para pasar estes días de lecer, pero se realmente queredes pasar medo achegádevos á biblioteca mañá no recreo e veredes o que é bo… ou malísimo…
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como cada ano a nosa biblioteca celebra este día coa cabeza posta en todas as actividades que queremos realizar para facer da nosa biblio un verdadeiro espazo cultural , integrador e gozoso, por que non.
A consellería de educación facilitounos este cartaz que tedes á esquerda e feito pola ilustradora Emma Ríos que interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración e que coidamos que representa á perfeción o que é o espírito do noso traballo nela.
Este mércores 26 faremos a presentación oficial aos rapaces de 1º de ESO cos que realizaremos unha sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS a través dunha presentación en Power Point elaborada pola biblioteca e un feixe de xogos para comprobar o grao de aprendizaxe e destreza na busca de información
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »