ORIENTALINE
Novas Biblioteca
Recoméndoche un libro.
Seguindo o ronsel do Día do Libro, algunhas das nosas alumnas - e tamén profesores -quixeron agasallarnos coas súas recomendacións lectoras. Falamos moito de libros eses días pero só uns poucos valentes foron quen de poñerse diante das nosas cámaras . Bravo por todos eles. Velaquí as súas magníficas explicacións. |
Vídeo resume dos encontros PLAMBE
Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación. + información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado) Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo. |
Entrega do Premio Cervantes a Ana Mª Matute
Hoxe celébrase a entrega do Premio Cervantes á extraordinaria escritora Ana Mª Matute, de 85 anos. Curiosamente desde a instauración dos premios só foron agraciadas dúas escritoras antes ca ela e esta barcelonesa pertencente á xeración dos "nenos asombrados" da posguerra é sobreiramente merecedora de tan prezado galardón pola imaxinación e compromiso social reflectidos nas súas novelas, así como a súa capacidade de conmover ao lector. Entre a súa produción literaria atopamos contos para nenos, relato curto e inesquecibles novelas como Olvidado Rey Gudú, Aranmanoth, La torre vigía, Los soldados lloran de noche, La Trampa e a última Paraíso inhabitado.
Aquí podedes ver unha pequena entrevista que lle fixeron hai uns días preguntándolle sobre o premio e outras cuestións.
23 de abril: Día Internacional do Libro
Ao longo do ano temos unha chea de celebracións e efemérides que moitas veces non sabemos moi ben de onde proceden, pois ben, neste DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO que con tanto fervor celebra o conxunto do mundo cultural vimos de conmemorar a morte -o 23 de abril de 1616- de os dous escritores máis grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare, xunto co Inca Garcilaso de la Vega, pero por se fora pouco tamén nesa data naceron ou morreron escritores da talla de Nabokov ou Josep Pla . Por este motivo un organismo tan importante como a UNESCOescolleu esta data en 1995 para “render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e para alentar a todos, especialmente aos máis novos adescubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural”. Temos que dicir que xa en España en 1926 Alfonso XIII asinou un decreto no que se creaba oficialmente a Festa do Libro Español ,en outubro, pero foi en 1930 cando se instaura definitivamente a actual data como Día do Libro , tradición que rapidamente colleu pulo en Cataluña grazas á coincidencia co día do seu santo Patrón coñecido como a Diada de Sant Jordi. Esta data tamén é a elixida para celebrar a entrega anual dos Premios Cervantes, o máis importante galardón para as letras hispanas, e nós , a parte de con este artigo, queremos contribuír cunha sorpresa á volta de vacacións de Semana Santa.Non deixedes de pasar pola biblioteca en calquera dos recreos da semana do 26 ao 29. Felices Letras!!!! |
GAÑADORES MARATÓN CULTURAL
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »