Novas Biblioteca

VAICHE BOA!

3/6/2010
 
    Deixámovos unhas actividades sobre o libro que estivemos lendo... a ver canto lembrades...
 
    Atrevédesvos a facelas...
 
    Facede un click na portada do libro que está a continuación...

SEMANA DO LIBRO

Aquí tendes unha morea de actividades que imos celebrar no instituto esta semana tan especial para as letras.

Dende a biblioteca esperamos que as disfrutedes.

Encontros PLAMBE 2009/10

 

Vimos de asistir, un ano máis ,aos encontros dos centros do PAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas  Escolares) nos que espertos de todas partes do país nos falan da importancia de ler, nos dan consellos de como levar as nosas bibliotecas e facemos postas en común das nosas experiencias.Nesta convocatoria falounos MANUEL AREA, catedrático de Didáctica e organización Escolar na Univarsidade da  Laguna dun concepto diferente de alfabetización ante a complexidade da cultura do século XXI. PUERTO MENÉNDEZ, profesora do IES Número 5 de Avilés contounos experiencias admirables que se están a levar a cabo na súa biblioteca. CARMEN CAMPOS, Consejera Técnica no Gabinete de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional no Ministerio de Educación, presentounos o centro virtual LEER.ES que ofrece un montón de recursos ao conxunto da sociedade e que paga a pena ser visitado e, por último, ROSER LOZANO que foi directora da Biblioteca pública de Tarragona e agora é profesora universitaria falounos da función das bibliotecas escolares na formación de novos lectores.   

X SEMANA CULTURAL NA BIBLIOTECA

Nesta semana cultural a biblioteca converteuse , un ano máis, no centro neurálxico do instituto. Ademáis das actividades programadas: talleres, charlas, proxección de cine, etc,  tivemos o dobre pracer de realizar unha lectura dramatizada dunha das obras máis laureadas do escritor coruñés Manuel Rivas: A lingua das bolboretas  e contar coa inestimable axuda do noso antigo compañeiro Manolo Sánchez, promotor da idea.

Debemos asemade dar as grazas aos alumnos que puxeron voz a ista especial lectura, e animar ao resto a ler o conto enmarcado no libro “Que me queres amor?”, do mesmo autor.  

Paga a pena. 

Aquí tes as FOTOS dunha das representacións feita por alumnos de 1ºB de ESO
Distribuir contido