ORIENTALINE
X SEMANA CULTURAL NA BIBLIOTECA
Nesta semana cultural a biblioteca converteuse , un ano máis, no centro neurálxico do instituto. Ademáis das actividades programadas: talleres, charlas, proxección de cine, etc, tivemos o dobre pracer de realizar unha lectura dramatizada dunha das obras máis laureadas do escritor coruñés Manuel Rivas: A lingua das bolboretas e contar coa inestimable axuda do noso antigo compañeiro Manolo Sánchez, promotor da idea. Debemos asemade dar as grazas aos alumnos que puxeron voz a ista especial lectura, e animar ao resto a ler o conto enmarcado no libro “Que me queres amor?”, do mesmo autor. Paga a pena.
Aquí tes as FOTOS dunha das representacións feita por alumnos de 1ºB de ESO
|