Novas Biblioteca

OS OLORES DE NADAL

Xa se achega o nadal e con el todo o que o representa: olores, sabores, imaxes, agasallos...

Dende a biblioteca propoñémosvos que compartades connosco alomenos unha desas sensacións: OS OLORES, e para iso convocamos un CONCURSO DE MICRORRELATOS no que nos tendes que describir un deles, o que para vós máis represente ou vos recorde o nadal.

Aquí tendes as bases (fai click no debuxo ou visita o noso blog), e lembrade que vos necesitamos para decorar unha árbore moi especial.

 

FORMACIÓN DE USUARIOS

 

Fixemos por fin unha actividade moi doada para que os rapaces e rapazas que entran por primeira vez no noso centro sexan quen de manexarse na nosa biblioteca.

Preme nos libros para entrar e xogar


 

A mutabilidade das cores

 
 

 " Aceptemos que
todo cambia " - aseveraba Buda. O branco cegador do casquete que cobre Groenlandia vaise
esfarelando nos manchóns verdes das praderías, desvelando suculentos xacementos
petrolíferos ... cada verán, esta illa perde máis do dobre do xeo presente nos
Alpes europeos.

 Asimesmo, o amarelo das dunas móbiles do
deserto chinés de Takla Makan ameaza implacablemente con soterrar un oase
artístico e relixioso : as case cincocentas covas de Mogao, cos seus
descomunais budas ( de 35 ms o máis alto ) ou co libro impreso máis antigo do
mundo (o Sutra del Diamante).

  Todo isto podes descubrilo no exemplar do " Nacional
Geographic " do mes de xuño ... Por certo, falan nel da nosa Costa da Morte ...
¿Que que contan? ¡Anda, non sexas preguiceiro e estírate ata a Biblio para
botarlle unha ollada! ¡Non só de exames de final de curso vive o alumno!

Xornada de Clubs de Lectura 2010

O pasado 11 de xuño asistimos, como en anos anteriores , a unha Xornada convocada polas Bibliotecas Escolares na que se xuntan centros de toda Galicia para reflexionar e compartir experiencias que se fan nos distintos clubs de lectura. En primeiro lugar tivemos unha conferencia de Ana Mª Margallo, profesora de didáctica da lingua na Universidade de Barcelona na que nos achegou actividades para aumentar a competencia literaria dos adolescentes. En segundo lugar tivemos unha valiosísima reunión con outros representantes de clubs de lectura para facer un intercambio de impresións e de lecturas que funcionaron. Pola tarde houbo catro exposicións de compañeiros de centros das catro provincias que compartiron as súas experiencias connosco, e por último , e como broche de ouro, tivemos a oportunidade de escoitar ao escritor Benjamín Prado que nos deu un moi emotivo discurso do que para el foi o descubrimento da literatura.  Pechou a xornada o fillo de Uxío Novoneyra, que nos fixo unha lectura chea de sentimento de diversos poemas do seu pai. Aprender , algo aprendemos, comemos e falamos arreo da importancia da lectura e o vindeiro ano volveremos, espero, cargadas coas nosas propias experiencias. 
Distribuir contido