ORIENTALINE
Encontros PLAMBE 2009/10
Vimos de asistir, un ano máis ,aos encontros dos centros do PAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) nos que espertos de todas partes do país nos falan da importancia de ler, nos dan consellos de como levar as nosas bibliotecas e facemos postas en común das nosas experiencias.Nesta convocatoria falounos MANUEL AREA, catedrático de Didáctica e organización Escolar na Univarsidade da Laguna dun concepto diferente de alfabetización ante a complexidade da cultura do século XXI. PUERTO MENÉNDEZ, profesora do IES Número 5 de Avilés contounos experiencias admirables que se están a levar a cabo na súa biblioteca. CARMEN CAMPOS, Consejera Técnica no Gabinete de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional no Ministerio de Educación, presentounos o centro virtual LEER.ES que ofrece un montón de recursos ao conxunto da sociedade e que paga a pena ser visitado e, por último, ROSER LOZANO que foi directora da Biblioteca pública de Tarragona e agora é profesora universitaria falounos da función das bibliotecas escolares na formación de novos lectores. |