Día Internacional da Diversidade Funcional

O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con diversidade funcional, que ten como obxecto promover os seus dereitos e o seu benestar en tódolos ámbitos da sociedade, así como poñer o énfase na concienciación sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Un deles é o deporte, por iso, aproveitando que este ano se celebraron as Olimpíadas e Paraolimpiadas Tokio 2020 quixemos destacar o papel e os logros dos e das deportistas paraolímpicos. 

Dende o departamento de orientación propúxose aos departamentos de lingua castelá e lingua galega que traballasen co alumnado da ESO na busca e selección de información para logro plasmala en carteis que se colocarían nos corredores do instituto coa axuda do dpto. de tecnoloxía. Deste xeito, o alumnado de 1º e 3º da ESO fíxoo na materia de lingua castelá e o de 2º e 4º na de lingua galega. 

Este traballo debe facernos reflexionar e entender que todos e todas somos capaces de alcanzar os obxectivos que nos propóñemos, somos iguais na nosa diferenza. Así mesmo, se queremos construír unha sociedade inclusiva baseada na convivencia e no respecto, a inclusión das persoas con diversidade funcional é imprescindible e necesaria, polo que debemos potenciar a igualdade de oportunidades, a accesibilidade universal e a eliminación da infantilización das persoas con diversidade funcional.