Obradoiro Cruz Vermella: "Prevención do acoso escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”
Hoxe, 9 de novembro, contamos cun novo Obradoiro da Cruz Vermella destinado ao alumnado de 1º da ESO: “Acoso Escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”
Alba e Laura, técnicas e voluntarias da Cruz Vermella, traballaron co alumnado na prevención da violencia nas súas diferentes manifestacións na poboación adolescente, potenciando a igualdade, a convivencia, a diversidade e a tolerancia. E fomentando a adquisición de coñecementos teóricos tales como bullying ou acoso escolar (concepto, tipos, axentes e causas); ciberbullying (concepto, tipos, axentes e causas) e estratexias de prevención do acoso escolar e ciberacoso.
Durante este Obradoiro, o alumnado de 1º da ESO, nun ambiente máis lúdico a través de dinámicas de grupo, visionado de vídeos, traballo en grupo, debate, posta en común de ideas, .... puideron afondar nestes conceptos e achegar as dúbidas e inquedanzas que tiñan a medida que se desenvolvía esta actividade.
Moitas grazas pola formación recibida e por poñer en valor o importante que é a prevención na mellora da convivencia escolar e na prevención do acoso escolar e do ciberacoso.