Abraham Cupeiro: "Sons ancestrais"
Hoxe contamos no centro con Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista, caracterizándose pola recuperación de instrumentos perdidos no tempo e de utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.
Estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (RCSMM,) e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
Con todo, aínda que a súa formación é clásica, sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas. Así, desde temperá idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga...
Deste xeito, puidemos desfrutar dos seus instrumentos, da súa narración sobre o uso dos mesmos ao longo da historia e do mundo e, por suposto, das súas cualidades fantásticas como músico, logrando facer sonar aos obxectos máis inverosímiles.
GRAZAS por facernos desfrutar tanto coa túa música!
Na galeria podedes ver un pequeno resumo en imaxes: