Vamos ao cine: “Asesinato en el Orient Express”

O xoves 21 de decembro, os membros do Club de lectura,  fomos ao cine As Termas a ver a película: “Asasinato no Orient Express.

 

A película é unha adaptación da novela homónima da escritora británica Agatha Christie.  A historia céntrase no detective belga Hércules Poirot. A trama comeza no Hotel Tokatlian de Istambul, Poirot recibe un telegrama que pide que volva con urxencia a Inglaterra e viaxe no “Orient Express” que sae esa mesma noite. No famoso tren, coñecerá a un americano chamado Ratchett, que lle pide ao detective que lle axude a conservar a súa vida pero Poirot rexeita o traballo. Despois da noite, Ratchett acaba sendo asasinado e Poirot debe investigar o caso. Segundo vaia pescudando algúns detalles do caso, descubrirá que o tren está cheo de sospeitosos e sospeitosas, non podendo confiar en absolutamente ninguén dos e das que se atopan abordo.