O 29 de setembro de 2023, o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría, TIC e Tecnoloxías Intelixentes de 1º bacharelato realizou unha visita á sede do Centro de Innovación e Servizos Tecnoloxía e Deseño en Narón. Aproitouse o desprazamento para visitar tamén o Centro de Excelencia do Sector Naval, cuxa sede se atopa no mesmo edificio.
Ambas as dúas visitas estiveron centradas na explicación de posibles aplicacións de realidade virtual e realidade aumentada, de xeito que o alumnado tivo ocasión de probar diversos contornos dixitais: deseño, fabricación e mantemento de embarcacións, adestramento de pintura con pistola de presión, sistema solar, RA aplicada a unha biblioteca e moitas máis.
Tanto o alumnado participante na visita coma o profesorado acompañante queren agradecer aos anfitrións o bo trato recibido.
Pódese ver a galería completa de fotos e vídeos.