Os días 12 e 13 de marzo de 2024 tivo lugar o acto de defensa dos proxectos de investigación dunha parte do alumnado do IES David Buján que cursa o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía.
Carlos Viqueira Seijo e Álvaro Manteiga Louro presentaron o proxecto Simulación de técnicas de drenaxe urbana sostible en Minecraft, que foi dirixido por José Anta Álvarez, profesor do Departamento de Enxeñaría Civil da UDC.
A liña de investigación Micromundos deu lugar a dous proxectos de investigación centrados na búsqueda de antibióticos; un deles levado a cabo por Paula Méndez Gómez, Iago Valentín González Seijas e Juan Jesús González Seijas, mentres que o outro tivo a autoría de Sara Fernández Gayoso e Iria Añón Esmorís. Ambos os dous proxectos foron co-dirixidos por Carmen Rioboo Blanco e Ángeles Cid Blanco, profesoras do Departamento de Bioloxía da UDC.
Os tribunais cualificadores destacaron en todos os casos a calidade dos traballos e puxeron en valor o esforzo realizado polo noso alumnado.
Agradecemos ao profesorado da UDC a súa implicación nestes proxectos.