Skip to Content

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E AGASALLOS DE NADAL

Como todos os anos, a biblioteca, xunto con algunhas profes, alumnas e nais, quere agasallar á comunidade educativa coas súas lecturas e regalos de Nadal, que vos presentamos en arquivo adxunto e tamén na árbore de estrelas. Desexamos que vos guste e que os Reis e Papá Noel vos cumpran todos os vosos desexos, sexan estes ou outros.

Felices Festas... e con moitos libros.

Todas as persoas temos capacidades diferentes

Para completar as actividades do día Internacional das Persoas con Discapacidade o luns día 4 o equipo docente quiso trocar a mirada sobre a Discapacidade, apartando o Dis, e proclamando que "Todas as persoas temos capacidades diferentes".

Axudado nesta tarefa polas camisetas da Asociación que #westgalicia colaborou con nós.

Horario dos exames de materias pendentes

A semana do 15 de xaneiro terán lugar os exames de materias pendentes, tanto de ESO como de bacharelato, correspondentes á 2ª avaliación.

Horario exames pendentes 2aval

Visita Arquitectura Técnica

O pasado venres 15 de decembro o alumnado de Física de 2ºBAC visitou a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC.

Alí foron recibidos pola subdirectora saínte, Susana Robles, quen lles proporcionou unha ampla información sobre os requisitos de entrada, os contidos do grao e os perfís profesionais. Tamén lles amosou as instalacións. Posteriormente, nun dos laboratorios de materiais da escola, coa axuda de Silvia, técnico de laboratorio, fixeron unha práctica para calcular o tempo de fraguado do xeso.

 

Visita Arquitectura Técnica

 

Visita ao centro de Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da UDC

O pasado venres 15 de decembro o alumnado de Química e Bioloxía de 2º de Bacharelato visitou as instalacións dos laboratorios do SAI (Servizo de Apoio á Investigación) da UDC. Neste edificio concéntrase unha grande cantidade de equipamento científico de alto custo para poder dar servizo aos grupos de investigación, tanto da Universidade como de organismos privados. Na Unidade de Cromatografía, Gerardo explicounos o tratamento e a análise mediante cromatografía de gases-masas, de diferentes mostras para detectar contaminantes ou substancias tóxicas en alimentos. Verónica, da Unidade de Análise de Augas falou da análises de anións en augas  importancia da calibración. Grazas ao microscopio electrónico, Eugenio mostrounos microorganismos e estruturas de materiais que non poderíamos ver con métodos ópticos convencionais e na Unidade de Bioloxía Molecular, Fernanda explicounos o funcionamento dun equipo de PCR e as súas aplicacións e diferentes campos. Moitas grazas a todo o persoal polo seu tempo e polas estupendas explicacións que ofreceron!

 Visista SAI

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E AGASALLOS DE NADAL

Dende a biblioteca estámosvos pedindo que colaboredes toda a comunidade educativa con nós para elaborar un panel con recomendacións lectoras e agasallos de libros e similares para Nadal (farémolo en forma de árbore con estrelas que conteñen a carátula do libro, como xa fixemos o curso pasado) e unha presentación para poñer na pantalla de abaixo. Só tedes que aportar o autor e o título e facérnolo chegar polas vías que consideredes. Gustaríanos en particular recomendación de libros en inglés, francés e portugués. Xa temos algunhas suxestións pero queremos máis.

Animádevos!!

Baixo o mesmo paraugas

O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Celebrámolo colaborando coa iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" de @galiciadiversa (entidades sociais de toda Galicia unidas para celebrar este día cun paraugas colorido como sinal de identidade).

Actividades da asemblea Re[creando] polo 25N

Este ano foron moitas as iniciativas que se levaron a cabo no centro para conmemorar o 25N. Dende a asemblea Re[creando], que foi posta en marcha no centro vai un mes, quixemos que fosen os propios estudantes os que ideasen as accións da súa comunidade educativa. 

Por unha banda, creouse un documento colaborativo onde redactaron un manifesto que foi lido para todo o centro no segundo recreo do venres. Tras facer soar a serea de lume do centro e obrigar así a todo o mundo a saír ó patio, leron o seu escrito para concienciar de que coa violencia de xénero temos que actuar ante as primeiras sinais de alarma.

De maneira complementaria, as alumnas de Psicoloxía de 2º de Bacharelato deseñaron unha campaña de concienciación sobre os bos coidados nas relacións. Aproveitando unha moda das redes sociais, a das "redflags" e as "greenflags", pero facendo o seu propio exercicio de reflexión, elaboraron unha serie de propostas sobre as actitudes que son ou non desexábeis nas relacións de parella, e colgáronas por todo o centro. E para abrir máis a participación, tamén dirixiron un obradoiro no que calquera estudante ou profesor podía achegarse a aportar a súa mensaxe. 

 

Cerimonia TEI

O pasado xoves 02 de novembro, celebramos a cerimonia TEI para inaugurar unha nova edición do programa TEI "Titoría entre iguais". O alumnado de 3º ESO volve a ser titor/a do alumnado de 1º ESO. Pinchando na seguinte fotografía, podedes acceder a un álbum de fotos do acto que estivo amenizado por un grupo de pandereteiras, integrado por algúns alumnos do centro.

CONTOS DE MEDO NA BIBLIO

Este xoves, a 3ª hora, e venres, a 3ª e 4ª teremos un ano máis a actividade dos contos de medo na biblio, na que participan como espectadores o alumnado de 1º de ESO e como narradores/lectores alumnado de 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Achegamos presentación da actividade e estrutura da mesma para información dos profes afectados.

.

Distribuir contido


by Dr. Radut