Skip to Content

VISITA DE PROFESORAS PORTUGUESAS

Esta semana, entre o 26/02 e o 1/03 de 2024, visitan o noso centro as profesoras Alda Franco, Aldina Gregório e Carmen Vieira, da Escola Secundaria Madeira Torres,  en Torres Vedras, Portugal,

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O pasado 21 de febreiro o noso centro contou coa visita da escritora Andrea Maceiras. A autora mantivo unha conversa co alumnado de 1º ESO do seu libro Alma de elefante e con rapaces e rapazas de 4º ESO para falar de Que me pare o corazón se te esquezo. Coa axuda dunha presentación dinámica explicounos as orixes das novelas para logo manter unha suxestiva conversa sobre elas. Por último, mantivo un coloquio co alumando no que Andrea respondeu a preguntas sobre os seus inicios como escritora, o longo proceso de creación dos libros, das dinámicas creativas, etc.

Andrea, grazas por visitarnos!

Charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

Aproveitando que non vai nin unha semana da celebración das nosas eleccións autonómicas, e continuando co noso compromiso de educar en valores democráticos, esta mañá do 22 de febreiro celebramos no salón de actos do noso centro un coloquio sobre o Parlamento de Galicia. 

A sesión comezou coa proxección dun vídeo divulgativo sobre a historia e funcionamento da institución, e continuou cos relatorios de dous invitados de honra: María Pilar García Negro e Ángel Ramón Mesa Torreiro, que falaron en calidade de exdeputados.

María Pilar García Negro introduciunos na historia do noso parlamento, falounos da súa bagaxe persoal e profesional, e sinalou algúns dos logros da institución. Pechou a súa charla coa lectura duns versos de Rosalía de Castro, aproveitando a proximidade do seu aniversario.

Ángel Ramón Mesa Torreiro incidiu na importancia da palabra para acadar consensos, e reivindicou o valor do parlamento como espazo de debate e representación da pluralidade ideolóxica da cidadanía galega. Rematou a súa intervención convidándonos a visitar o parlamento e a coñecer as formas de participación cidadá a través da súa páxina web.

A esta actividade, organizada polo Departamento de Filosofía, asistiu todo o alumnado de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 3º da ESO, en compañía do alumnado de Filosofía de 4º da ESO.

 

Visita ós xulgados do penal da Coruña

Por segundo ano consecutivo, o IES David Buján participa no programa Educar en Xustiza.

Nesta ocasión o alumnado de Filosofía de 4º da ESO visitou os Novos Xulgados da Coruña para asistir en directo a 6 xuízos no xulgado do penal. Alí recibiunos o maxistrado Carlos Suárez Mira, quen, entre xuízo e xuízo, explicounos as características de cada un dos procesos e respondeu a tódalas nosas dúbidas. Unha xornada moi instrutiva que se desenvolveu na mañá do martes 20 de febreriro, e que de seguro repetiremos!

xulgados

Admisión alumnado curso 2024/2025 - Vacantes e criterio complementario

Vacantes:

1º ESO

7 (0 por neae)

2º ESO

16

3º ESO

3

4º ESO

21

1º BAC - Ciencias e Tecnoloxía

4

1º BAC - Humanidades e Ciencias Sociais

19

2º BAC - Ciencias e Tecnoloxía

14

2º BAC - Humanidades e Ciencias Sociais

13

Criterio complementario do centro:

1 punto por irmán matriculado no centro

Información ampliada en arquivo adxunto

Admisión alumnado - Curso 2024/2025

 

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Gonzalo Torrente Ballester e CEIP Emilio González López para 1ºESO e IES de Carral para 1º de Bacharelato), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO e 1º de Bacharelato no IES David Buján para o curso escolar 2024-2025 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

O alumnado de Economía 1º bach. visita as instalacións do Grupo Inditex

21/02/2024: O alumnado de Economía 1º bach. visita as instalacións do Grupo Inditex no Polígono de Sabón (Arteixo).

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2024

 

Poderán presentarse aos ciclos formativos de FP de grao medio as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano.

 PRAZOS:

O prazo de presentación da solicitude para o grao medio estará abranguido entre os días 26 febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

Toda a información para a inscrición, aquí.

Teatro-foro: Vestido de voda

Hoxe, 19 de febreiro de 2024, o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron no noso salón de actos á representación de Vestido de voda, de Vanessa Rivas. Este acto enmárcase no Festival Muller á Escena, organizado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña. Agradecemos ao concello de Cambre a inclusión do noso instituto na programación deste festival.

 

Concurso: "Sabes quen son?"

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

CONCURSO: SABES QUEN SON?

Con motivo desta conmemoración, os departamentos de ciencias do IES David Buján organizamos o concurso “Sabes quen son?” no que haberá que contestar preguntas sobre mulleres científicas moi relevantes nas súas investigacións pero que non son tan coñecidas como deberían.

 

O concurso terá dúas fases:

 

1ª Fase: Contestar ao cuestionario en liña

Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro estará dispoñible un cuestionario ao que se pode acceder a través desta ligazón ou co código QR que se amosa a continuación.

 

2º Fase: Gran final: Concurso por equipos


Quen acade maior puntuación pasará á final. Será un concurso co formato “Quen quere ser millonario?” que se realizará durante a seguinte semana. Participarán os grupos do alumnado finalista, que poderá formar un equipo para conseguir o triunfo e gañar premios especiais.

 

Animádevos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut