Skip to Content

Blogues

25N. Reto Manequín- Tanxugueiras

Un reto manequín contra a violencia machista

 

O alumnado do David Buján participou nun  Reto Manequín coa canción das Tanxugueiras ("Que non mo neguen") para revindicar esta data e mandar unha mensaxe de concienciación sobre este grave problema. Foron as rapazas quen organizaron, gravaron e editaron os vídeos.

Son muller forte e libre hoxe e todos os días do ano!!

Aquí podes ver o vídeo

21 días en galego e +

21 días co galego e +

 

Blog de 21 días co galego e +

Instagram de 21 días co galego e +

Youtube de 21 días co galego e +

Facebook de 21 días co galego e +

O IES DAVID BUJÁN vai participar na cuarta edición dos 21 días co galego e +, un programa impulsado polo Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüistica, xunto a once centros de toda Galiza do 2 de febreiro ata o 22 de febreiro do 2022

Esta iniciativa, que se fundamenta nos 21 días que se supoñen precisos para adquisición dun hábito, busca que o galego sexa a lingua normal de uso en todos os ámbitos durante tres semanas para o alumnado, o profesorado, as familias..., e todo aquel que queira sumarse ao proxecto, e comprobar, así, que vivir en galego é posible. Ademais, durante eses días o alumnado analizará a súa relación coas linguas que ten próximas e as dificultades, ou non, para manter o compromiso.

Durante eses 21 días no centro, ademais da actividade académica, levaranse a cabo unha serie de actividades lúdicas relacionadas coa lingua e coa cultura galegas, elaboradas polos distintos departamentos.

O GALEGO +, SÚMATE

Encontro literario: Antía Yáñez

 O próximo 18 de novembro visitará o noso centro a escritora Antía Yáñez para atoparse cos seus lectores, os alumnos de 2º da ESO que leron O misterio de PortomarínO misterio do torque de Burela

Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre...No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquistaBe Water foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura

 

25N. Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller

O 25 de novembro é o “Día Internacional para a Eliminación da violencia contra as mulleres”. A violencia contra as mulleres é a manifestación máis clara da desigualdade que existe entre homes e mulleres e  o maior obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria.

O EDLG  anima á a toda a comunidade educativa  a participar nas actividades programadas no centro  para  reflexionar  e denunciar este tipo de violencia e actitudes.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

- Reto manequín (Departamentos  de Convivencia, LG e EDLG) coa cantiga de Que non mo neguen (Tanxugueiras).

- Concurso de nubes de palabras (departamento de LG e EDLG). Consulta 

- Concursos de cartas "Dillo a quen maltrata" (Concello de Lalín). Consulta aquí as bases

PARTICIPA!!

Iniciativa Xabarín 2.0: audiovisual en galego”

Igualdade para a dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. (texto tirado do artigo da Mesa)

“ASINA a Iniciativa Xabarín 2.0: audiovisual en galego”

 

Samaín 2021

O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro, cando  comezaba o Aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos. Para sabers máis cousas preme no enlace.

Como todos os anos, no noso centro festexamos o Samaín cunha  bonita decoración e cunha chea de concursos.  Este ano participa tamén:

- Talla a túa cabaza e mándanos a foto ( edlg@iesdavidbujan.gal)

- Concurso de conxuros

- Concurso de contos ou microcontos de medo ( "Medo me dá")

Entrégalle o teu traballo  ao profesorado de Lingua Galega.

Gorentosos premios do bar de Aurora!

Día europeo das linguas

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.

No mundo existen 6 mil linguas, máis ou menos. Algunhas teñen millóns de falantes e outras só ducias, pero todas elas representan un universo cultural diferente, e enriquecen a quen  as coñecen e as empregan como vehículo de comunicación.

O EDLG súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e máis a necesidade de preservar  e fomentar a  diversidade cultural  e impulsar o uso da nosa lingua  para que se manteña viva por moito tempo.

Para festexar esta data convocamos un CONCURSO  (Cantas linguas coñeces? ) .

1.Consulta o cortiza do EDLG  ou neste enlace e  toma nota das linguas que identificas.

2. Despois entra neste formulario https://forms.gle/FJy6t97nXCjmQuQ96 e contesta todas as preguntas que saibas.

Gorentosos premios da cafetaría e puntos do EDLG para os gañadores

Ata o día 3 de outubro está o cuestionario aberto.

PARTICIPA!!

 

MUSIGAL. Comezan as votacións

Xa están seleccionadas  as cancións finalistas para  a mellor canción galega do 2020 a xuízo da comunidade educativa do IES David Buján.

Accede AQUÍ para coñeceres as cancións finalistas e votar. 

Grazas pola túa colaboración

Distribuir contido


by Dr. Radut