Skip to Content

Blogues

Na Candeloria, casan os paxariños

candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra, di tamén a cultura popular), no momento en que  xa é evidente que medran os días e a natureza comeza a prepararse para  o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. 

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa,  di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! (Tirado do Portal das Palabras)  

CHÍOS CON AMOR    

O Equipo de Dinamización da Lingua xunto do Departamento de Lingua Galega  e o Equipo de Convivencia convocan una concurso de mensaxes de amor curtas (menos de 280  caracteres)  que pode ter un destinatario-a folgado (namorado, namorada, pai, nai, amigos, lingua, ...)

BASES

Saca a túa personalidade  sentimental e participa!!

 

Análise do uso da lingua galega. 2019-2020

Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa. 

Estes cuestonarios, cos que coñeceremos mellor a realidade lingüistica do centro, son completamente anónimos.

Preme no enlace correspondente, completa todas as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BT

2º BT

Grazas pola túa colaboración

CONCURSO. Felicitacións de nadal. 2019-20

Como todos os anos por estas datas, o EDLG e o Departemento de Plástica convocan un concurso deFelicitacións de nadal.

PARTICIPA

Podes consultar as bases aquí

Concurso. Nubes de palabras

 

Xa hai gañadores

 

ENTREGA DE PREMIOS LUNS, 2, 2º (Departamento de Lingua Galega)

25 de novembro. Concurso de nubes de palabras

O EDLG , xunto con Convivencia e o departamento de Lingua Galega, convocan o III concurso de nubes de palabras.

Aquí podes consultar as bases

 

Participa.

Inauguración aula Fina Casalderrey

O día 13 de novembro, mércores, vén ao centro a escritora, e académica da RAG, Fina Casalderrey para inaugurar a sú aula (1º ESO C) e ter un encontro con todos os alumnos de 1º .

Grazas Fina

Concurso de conxuros. Acta do xurado

Moitos participastes no concurso dos conxuros. Cada ano os conxuros son mellores. Moitas grazas!!

O xurado xa se reuniu. Aquí tedes os gañadores.

Esperamos que vos gusten os premios

Samaín 2019. Concurso de microcontos

 

Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso insti. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega, dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario. Os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween. Para festexar e reivindicar o noso tamén temos un concurso de microcontos. Hai de prazo ata o 3 de novembro.

 

BASES

Na páxina o EDLG tes exemplos e un decálogo para escribir microcontos. PREME

Samaín 2019. Concurso de conxuros

O Equipo de Dinamización da Lingua, en co  Departamento da Lingua Galega,  convoca  o II  CONCURSO DE CONXUROS  para festexar o Samaín.  Tes ata o 30 de outubro.
 
conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole (físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para afastar de nós todo o que desexemos.

 A finalidade deste concurso é  crear conxuros   para afastar  todo aquilo que queiramos  que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras...). 
 
Exemplos de conxuros AQUÍ
 

Usos lingüísticos. Curso 2018-2019

Podes consultar os datos no seguinte premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut