‘Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”.
Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia.
Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.
Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, convoca o III CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín.
Enténdese por conxuros ou esconxuro todo tipo de invocación, máis ou menos rimada, aos poderes de toda índole: físicos, espirituais, morais, atmósféricos, sobrenaturais,… A finalidade deste concurso é recadar conxuros para que desapareza todo o negativo que hai no mundo.
Rilla-rilla é un espectáculo interactivo en forma de concurso que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas. Rilla-rilla é un espectáculo dinámico conducido por Atenea García, a actriz e presentadora deste particular consurso, onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento.
Xoves, 8 de outubro ás 18.00 h, Centro Sociocultural do Graxal
PROTOCOLO COVID-19:
Ac c e s o a b e r t o a p a r t i r d a s 1 7 . 3 0 h
Af o r o l imi t a d o p o r o r d e d e c h e g a d a
A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié convocan a través da web do Portal das Palabras o concurso Olla a Palabra do Día! A iniciativa, dirixida aos centros de educación infantil, primaria e secundaria, repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección Palabra do Día publicados na plataforma durante o mes de outono
"Ricardo carballo Calero (Ferrol, 1910- Santigo de Compostela, 1990) é o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. A súa elección responde ao enorme e variado legado que nos deixou non só no plano literario, senón tamén nos ámbitos da filoloxía e da lingüística.
Calero cultivou todos os xéneros literarios (é autor de obras narrativas, poéticas, teatrais, de ensaio, ...), pero a súa figura vai moito máis alá " ( Héctor Cajaraville en Ricardo Carballo Calero. A pegada do compromiso)
Esta semana comeza o Intercambio con Portugal que o EDLG organiza e no que participan 60 alumno-as (31 portugueses-as e 29 galegos-as ). Será unha semana de moitas actividades xuntos. Nós iremos s Penafiel do 25 ao 30 de marzo
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, proposta á que nos sumamose, para ser máis ecolóxicos, aconsellamos facer a flor con matrial de refugallo. Pasa polo departamento do EDLG e aprende a facer flores de cartón reciclado.
Para a edición de 2020 Daniel Asorey é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.