Encontro literario: Antía Yáñez
O próximo 18 de novembro visitará o noso centro a escritora Antía Yáñez para atoparse cos seus lectores, os alumnos de 2º da ESO que leron O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.
Antía Yáñez (Burela 1991). Devorou libros como elemento principal da súa dieta na infancia e agora escribe como complemento alimenticio. Formouse no relato curto, comezando cos certames locais. Xa adulta, gañou premios como o XI Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” (2013), o de Relatos Curtos “Os Viadutos”, o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto (2018) e o Certame Literario de Cambre...No ano 2016 publica O misterio de Portomarín (Galaxia), que ten a súa continuación en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019). En 2018 gaña o Premio Illa Nova con Senlleiras e o I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade co álbum ilustrado, A reconquista. Be Water foi finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura