Skip to Content

Conmemorando o día das letras galegas no IES Coruxo

Co gallo do día das letras galegas e durante a semana do 17 de maio, este ano adicado a Luisa Villalta, celebráronse diferentes actos no Instituto deseñados polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Instituto.

Neses días desenvolvéronse diferentes obradoiros de origami e pop art na Biblioteca, levouse a cabo un pequeño festival de curtas no 1º recreo en diferesntes días no salón de actos, o alumnado de 1º ESO deleitou ós seus compañeiros e profesorado cun concerto de música tradicional galega, expuxéronse diferentes paneis no patio central adicados  a Francisco Fernández del Riego e, ademáis, nos cambios de clase fíxose unha escolla de música galega que substitutiu ó tradicional timbre de cambio de clase. 

  

  

Todos istos actos teñen como fin reivindicar a través de actividades lúdicas o día das letras galegas no Instituto, que como sabemos é o día que publicouse en Vigo no 1863 unha das obras máis célebres da literatura, “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro.

1º Premio do Proxecta + "Apuntámonos a non beber...NORABOA!

Sensibilizando sobre a prevención de bebidas alcohólicas e enerxéticas a través dunha campaña de contrapublicidade e...gañando o primeiro premio!

O noso alumnado de 1º ESO D gañou o primeiro premio do concurso “Apuntámonos a non beber”, que se celebra no marco do Proxecta + no que participa o Centro, programa sobre a prevención do consumo de alcohol e das bebidas enerxéticas.

Dentro deste programa, cada aula participante de 1º ESO do noso IES elaborou unha campaña de contrapublicidade. Previamente, en cada aula desenvolveuse un obradoiro de sensibilización sobre adicións ao alcohol e bebidas enerxéticas por parte do persoal sanitario do Sergas e, en sesiòns posteriores, fixéronse unhas orientacións sobre como facer un anuncio contrapublicitario.

O grupo gañador deseñou un contra-logo a partir de marcas recoñecidas do mercado. Decidiron xuntar todos os nosos logos nunha carta de bebidas como se fose a carta dun bar. 


O premio final consiste na visita ó parque acuático de Cerceda, que visitarán no próximo mes de xuño.

Noraboa ós campeóns e á profesora de 1º ESO D de Proxecto competencial Emma Pérez, así como a coordinadora do programa Alicia e ó resto do profesorado participante no programa como Begoña e Guadalupe.

Escola de familias: prevención no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas

Continuamos coas sesións formativas da Escola de Familias do IES Coruxo. O próximo martes 4 de xuño terá lugar a terceira sesión, neste caso relacionada coa prevención do consumo de bebidas alcohólicas e o consumo excesivo de bebidas enerxéticas. O obxectivo da charla é achegar estratexias ás familias para prevenir o consumo de alcohol e bebidas enerxéticas nos nosos fillos e fillas. A sesión está programada para ás 19:00 na Biblioteca do IES Coruxo e durará previsiblemente dúas horas.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa apuntámonos a non beber, conta coa colaboración da ANPA do noso IES. Animamos a todas as familias a participar.

Adxuntamos cartaz:

 

O Proxecta + "Apuntámonos a non beber" é un programa da Consellería sobre a prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas e busca, con isto, promover no alumnado a necesidade de ter hábitos máis saudables.

Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2024/2025

No DOG do luns 20 de maio publicouse a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. Hai 2 tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – Todo o alumnado de ESO:

Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

- Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.

- De 6.000 € até 10.000 € de renda per cápita: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – Todo o alumnado de ESO

Sempre que non se superen os 6.000 € de renda per cápita, vale por 75 €. No caso de que a renda per cápita se encontre entre 6.000 e 10.000 euros o vale será de 60 €.

SOLICITUDES:

As solicitudes en papel, entregaranse na secretaría do centro, xunto coa documentación correspondente (fotocopia do libro de familia ou certificado de conviencia). O prazo para presentar a solicitude remata o venres 21 de xuño. O impreso pode obterse na Secretaría do centro ou  pódese descargar e cubrir no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231121791 ou telemáticamente na web do programa https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ Cubrirase unha soa solicitude por alumno/a e, se hai varios  membros da unidade familiar  no mesmo centro, tamén cubrirán un só impreso.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2023/2024:

Os libros do curso actual 2023-24, adquiridos con axudas, devolveranse no centro antes do día da entrega de notas. Tamén se agradece a todo aquel alumnado que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega á ANPA do centro para incrementar o Fondo Solidario.

ENTREGA DE LIBROS 2024/2025 na ESO:

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo a partir do inicio do curso no mes de setembro. A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios do centro o día 12 de xullo de 2024. Poderase formular reclamación contra a mesma durante o prazo dos 2 días seguintes. A relación definitiva publicarase polo medio anteriormente mencionado o 26 de xullo.

Saída do alumnado de Francés á praia

O venres 10 de maio de 2024, o alumnado da materia de Francés de 2º e 4º de ESO, sairon ata a praia de Coruxo co obxecto de levar a cabo un traballo multidisciplinar das materias de francés, xeografía, galego e educación física.

A actividade consistitu en realizar un traballo de campo en grupos (debuxar un mapa da contorna do instituto con vocabulario galego/francés situando os distintos elementos de interese da orografía e servizos: illa, porto, ponte, praia, sendeiro, museo, club de remo...), e disfrutar xogando sen pantallas nos espazos naturais e fomentando así hábitos saudables.

Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Como complemento das Xornadas de orientación vocacional sobre formación profesional para alumnado de 4° de ESO que se están levando a cabo no noso centro, o pasado martes 7 de maio visitamos o CIFP Manuel Antonio.

Nesta visita puidemos coñecer a oferta formativa, organización e instalacións deste centro de FP en Vigo. Comprobamos algúns dos espazos e talleres onde o alumnado realiza ciclos de grao medio e superior das familias profesionais de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias, Sanidade, Química e Téxtil, confección e pel.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita do alumnado de 4º ESO ao CIFP Manuel Antonio

Xornadas de orientación vocacional

Ó longo deste mes estanse celebrando diferentes Xornadas sobre orientación vocacional nas que exalumnado do noso IES viu contarnos as súas experiencias sobre as diferentes opcións formativas que ofrece o sistema educativo e as saídas profesionais relacionadas.

O 29 de abril tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao medio. O alumnado de 4° de ESO puido coñecer diferentes experiencias e alternativas que existen para ter en conta de cara o próximo curso.

Este luns 6 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao superior e graos universitarios. Nelas o alumnado de Bacharelato puido ter un achegamento a estas ensinanzas e resolver dúbidas sobre o seu futuro académico e profesional.

Por último, o 13 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao básico onde exalumnado contáronnos as súas experiencias persoais e formativas nestes ciclos.

Agradecemos enormemente a colaboración do noso exalumnado e é un orgullo contar con todas/os elas/es para poder realizar este tipo de actividades tan importantes que axudan na toma de decisións vocacionais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de orientación vocacional

Bolsas alumnado necesidades específicas de apoio educativo

Dende o 30 de abril pódense solicitar as bolsas e axudas para o alumnado con necesidades específicads de apoio educativo (NEAE).

Estas axudas son complementarias a outras axudas e bolsas e teñen como finalidade financiar material didáctico, clases de reeducación pedagóxica ou do linguaxe, entre outras.

Enlaces máis importantes:

 

Máis info...

 

 Descargar cartaz AQUÍ

Escola de familias: uso e abuso das pantallas

Comezamos coas sesións formativas da Escola de Nais e Pais da ANPA do IES Coruxo.

O próximo 30 de abril terá lugar a primeira charla formativa, neste caso relacionada co uso e abuso das pantallas. O fin da charla é coñecer qué se considera uso normal e que malos hábitos debemos evitar nos nosos fillos e fillas relacionados coas pantallas dos distitnos dispositivos electrónicos.

A sesión está programada para ás 18:30 no Salón de actos do IES Coruxo.

Adxuntamos cartaz.

Animamos a tódalas familias a participar.

Viaxe de fin de estudos Barcelona 4º ESO

Entre o 5 e o 9 de abril o alumnado de 4º ESO desfrutou do seu viaxe de fin de etapa: unha viaxe cultural e lúdica a Barcelona, Tarragona e tamén Port Aventura, combinando diferentes tipos de actividades.

O primeiro e o segundo día o alumnado visitou Barcelona (Montjuïc e os seus atractivos como o seu castelo, o Estadio Olímpico ou o Poble Espanyol, ademais de visitar o Park Güell de Gaudí) e Tarragona e os seus sitios declarados Patrimonio da Humandiade, entre eles os xacementos romanos.

  

  

  

No terceiro e cuarto día a visita tornou máis lúdica e desfrutaron das atraccións de Port Aventura e Ferrari Land, onde pasaron todo o día desfrutando das distintas atraccións e pasando unas bonitas xornadas de conviviendo entre el@s e co profesorado acompañante.

  

Xa no derradeiro día visitáronse outros atractivos da capital catalana, como o casco antigo e o Aquarium, ademáis do seu paseo marítimo.

Cinco intensos días no que se combinaron todo tipo de actividades e que, sobre todo, serviron para fortalecer a convivencia entre o alumnado neste último curso da etapa da ESO.

 

A viaxe foi organizada pola ANPA, que buscou posibles destinos (entre os cales votouse nunha asamblea de país e nais de 4º ESO), deseñou e organizou as actividades para que o alumnado puidese financiarse (venta de rosquillas e outros, venta de colonias, venta de rifas, venta de doces e choripanes en distintas celebración do Instituto, etc.), asesorou ó Instituto con cuestións burocráticas, difundiu o día a día da viaxe, etc.

 

Coñecendo de primeira man as posibilidades formativas máis actuáis: FORMAMOS´24

O pasado 10 de abril o alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar a Feira de formación de Mos, feira orientada a coñecer a oferta formativa unha vez rematen os seus estudos no Instituto.

Con este escaparate formativo e a través de distintos stands no que se desenvolvían distintas actividades, tiveron a oportunidade de coñecer as diferentes posibilidades formativas e mesmo de ter encontros con profesionais de cada sector.

    

Todo isto forma parte do Programa de Orientación ao alumnado de Bacharelato para axudarlles na súa orientación académica. Esta actividade compleméntase con outras que se están a facer no Instituto, como a visita a Universidade de Vigo (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/818), a información sobre determinados graos moi demandados (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/841), as experiencias contadas por exalumnado sobre os diferentes grados e ciclos formativos de grado superior que están a estudar na actualidade, as charlas informativas sobre a ABAU (https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/771) ou coas sesións informativas que se realizarán dende o Departamento de Orientación, entre otras.

Campamentos de verán 2024

Ata o 30 de abril de 2024 podedes solicitar os campamentos de verán da Xunta de Galicia. Toda a información no seguinte enlace:

 Convocatoria no DOG do 16 de abril de 2024

Usos sostibles dos recursos da nosa contorna: obradoiro de prantas silvestres

O pasado día 4 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer os diferentes usos das prantas silvestres a través dun obradoiro que completa a actividade que tiveron en 1º ESO, no que fixeron un roteiro pola zona do Instituto para a identificación de prantras silvestres.

Neste obradoiro, desenvolvido no laboratorio de química, o alumnado identificou en primeiro lugar as diferentes prantas que había en vasos nas distintas mesas dos laboratorios. 

  

A continuación explicáronse os diferentes usos destas prantas; nalgúns casos tiñan usos medicinais e noutros tiñan usos gastronómicos (que se usan tamén na alta cociña).

Por último, fixéronse diferentes receitas con prantas como filloas, crema de huntar ou zumo de prantas silvestres con ortigas.

    

Con esta actividade trátase de sensibilizar ó alumnado sobre as oportunidades que ofrece o medio e a súa contorna e á necesidade de protexer dito medio.

Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDU sostibilidade, onde o Instituto comprométese a promover a sostibilidade da nosa contorna.

Visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O pasado 3 de abril alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar ó Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).

Nada máis chegar ó Parque, un dos guías explicoulles como se fixan os prezos no mercado eléctrico en España e a importancia das enerxías renovables no mercado enerxético actual.

  

A continuación puideron ver diferentes partes desmontadas dun aeroxerador de vento (motor, palas, góndola, etc.) para, posteriormente, visitar un aeroxerador do Parque por dentro.

  

  

Para rematar, visitaron unha vivenda bioclimática. A vivenda está deseñada para maximizar o aforro enerxético: orientación da vivenda, materiais utilizados, etc.

Finalizada a visita, xantaron nas instalacións do Parque.

Con esta actividade puideron comprender as achegas da física e a tecnoloxía a un desenvolvemento máis sostible do noso planeta.

Distribuir contido


by Dr. Radut