Co gallo do día das letras galegas e durante a semana do 17 de maio, este ano adicado a Luisa Villalta, celebráronse diferentes actos no Instituto deseñados polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Instituto.
Neses días desenvolvéronse diferentes obradoiros de origami e pop art na Biblioteca, levouse a cabo un pequeño festival de curtas no 1º recreo en diferesntes días no salón de actos, o alumnado de 1º ESO deleitou ós seus compañeiros e profesorado cun concerto de música tradicional galega, expuxéronse diferentes paneis no patio central adicados a Francisco Fernández del Riego e, ademáis, nos cambios de clase fíxose unha escolla de música galega que substitutiu ó tradicional timbre de cambio de clase.
Todos istos actos teñen como fin reivindicar a través de actividades lúdicas o día das letras galegas no Instituto, que como sabemos é o día que publicouse en Vigo no 1863 unha das obras máis célebres da literatura, “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Obradoiro 2.jpeg | 275.63 KB |
Obradoiro.jpeg | 274.28 KB |
Resultado obradoiro.jpeg | 270.52 KB |
Concerto.jpeg | 130.96 KB |
Programa.jpeg | 145.13 KB |