Skip to Content

Normalización lingüística

Proxecto XELA: IES Coruxo, CEIP Ría de Vigo e CMUS Vigo

O pasado luns 28 de maio, ás sete de tarde, no paseo da praia do Vao, procedeuse á inauguración dos 22 paneis con versos de Luísa Villalta que forman parte do proxecto XELA (Xerando Espazos Lectores Abertos). Este proxecto, iniciado hai catro anos polo CEIP Ría de Vigo e o IES Coruxo, contou este ano coa participación do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Ademais, por primeira vez, os murais incorporan un código QR que enlaza co poema íntegro e un audio do recitado do mesmo, acompañado por obras musicais creadas ou adaptadas por alumnado e profesorado do conservatorio.

O traballo comezou cunha investigación sobre a obra e figura de Villalta a cargo do departamento de Lingua Galega do IES Coruxo e alumnado de 1º da ESO, que foi adaptada a un cartel elaborado polo departamento de Tecnoloxía. A escolla dos versos foi levada a cabo polo equipo de dinamización da Lingua Galega do centro educativo e o traballo do recitado fixéronno principalmente rapaces e rapazas de 1º bacharelato. Tamén participou alumnado do CEIP Ría de Vigo e do conservatorio. O seguinte paso foi precisamente no conservatorio. Alí, crearon e adaptaron músicas para acompañar cada un dos poemas, intervindo diferentes departamentos e especialidades instrumentais, aportando sonoridades e estilos variados.

Cando remataron, o mesmo conservatorio asumiu a elaboración dos códigos QR para rematar coa edición dos paneis e posterior instalación. Á inauguración asistiu a concelleira de Educación, as direccións dos tres centros, persoal docente, familias, veciños e veciñas e as asociacións veciñais e culturais de Coruxo e de San Miguel de Oia.

Tamén acudiron familiares da escritora Xela Arias, coa que hai catro anos arrancou esta iniciativa denominada precisamente co seu acrónimo: XELA (Xerando Espazos de Lectura no Aberto).


Info na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/vigo/2024/05/21/estudantes-vigo-sementan-litoral-poemas-luisa-villalta/0003_202405V21C3992.htm?utm_campaign=amp

Versoamos: obradoiro poético-musical na Vila Romana de Toralla

O mércores 22 de Maio, o noso alumnado de 3ºESO compartiu unha xornada poético-musical,  na Vila romana de Toralla,  co alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Ría de Vigo, e por primeira vez co alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Estivo especialmente adicada á figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada no 2024 polo Día das Letras Galegas. Poeta, narradora, dramaturga, tradutora,…, e música. Ademáis de ser unha intérprete do violín,  a música estivo moi presente na súa obra literaria.  O binomio Música-Poesía obsérvase no seu ensaio “ O outro lado da música, a poesía”, ou na súa colección de poemas “Música reservada” e “Ruído”. En relación á interacción destas dúas artes, dicía a autora: “Os poemas vólvense son, e son analizados con toda a sutileza simbólica que a melodía latente e silenciosa lles outorga”.

O obradoiro estivo estruturado en tres partes diferenciadas:

  • En primeiro lugar, unha profesora do Conservatorio, Cecilia Martínez, recitou fragmentos biográficos da figura de Luísa Villalta. Estiveron intercalados con interpretacións instrumentais no violín pola profesora do conservatorio; interpretacións vocais de poemas musicados da escritora: “Eu saín do meu violino” a cargo do alumnado do colexio, e “ O mar sempre infinito” por parte do noso alumnado; para posteriormente cantar simultáneamente estas dúas melodías nun contrapunto ben harmonizado.

        

  • En segundo lugar, asistimos á parte da creación poética, empregando unha escolma de palabras significativas da biografía de Luísa. Organizando ó alumnado en tríos ou cuartetos variados, estes foron quen de compoñer poesías para ser posteriormente recitadas.

        

  • Clausuramos este obradoiro co intercambio de pezas musicais: o alumnado do Conservatorio interpretou brillantemente catro pezas de música vocal con acompañamento instrumental. De seguido, o noso alumnado interpretou dúas pezas: “Más vale trocar” e “Rumba de Mallou” con instrumental Orff e instrumentos de vento. E o alumnado do colexio pechou o acto, con mestría, cunha peza vocal con acompañamento de instrumentos (oboes, clarinete, frauta traveseira, percusión,…), e de movemento.

         

 

 

Un ano máis, e xa van tres, desta actividade compartida resaltamos especialmente a importancia da convivencia de alumnado de diferentes etapas educativas, a creatividade xerada nas composicións poéticas en pequenos grupos, e a sensibilidade amosada nas diversas interpretación musicais.

 

 

 

Este proxecto forma parte do Proxecta + “Proxecto de innovación en dinamización lingüística” onde se levarán a cabo actividades conxuntas entre o IES Coruxo e do CEIP Ría de Vigo e traballar xuntos a interdisciplinariedade, a cultura galega e a temática local (neste caso relacionadas coa música e poesía na Vila Romana de Toralla) e a procura de proxectos de aprendizaxe-servizo que tivesen unha repercusión no barrio e os seus habitantes. 

 

 

Conmemorando o día das letras galegas no IES Coruxo

Co gallo do día das letras galegas e durante a semana do 17 de maio, este ano adicado a Luisa Villalta, celebráronse diferentes actos no Instituto deseñados polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Instituto.

Neses días desenvolvéronse diferentes obradoiros de origami e pop art na Biblioteca, levouse a cabo un pequeño festival de curtas no 1º recreo en diferesntes días no salón de actos, o alumnado de 1º ESO deleitou ós seus compañeiros e profesorado cun concerto de música tradicional galega, expuxéronse diferentes paneis no patio central adicados  a Francisco Fernández del Riego e, ademáis, nos cambios de clase fíxose unha escolla de música galega que substitutiu ó tradicional timbre de cambio de clase. 

  

  

Todos istos actos teñen como fin reivindicar a través de actividades lúdicas o día das letras galegas no Instituto, que como sabemos é o día que publicouse en Vigo no 1863 unha das obras máis célebres da literatura, “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro.

Usamos o galego nas RRSS?

Usamos o galego en TikTok, Whatsapp ou Instagram? O pasado 9 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de debatir sobre o uso de galego nas RRSS.

  

A través de distintas preguntas e da proxección de vídeos (sobre famosos, debuxos animados, etc.) o poñente tratou de introducir ó alumnado no tema do uso do galego en diferentes RRSS. Como anécdota, ensinoulle un dos videos mais virais en Galicia do ano pasado, como é o da nena que lle fala galego a Siri e non a entende, polo que os creadores de Siri comprometeronse a introducir o galego na sua aplicación. 

O fin desta charla era visibilizar e promover o uso do galego entre o alumnado nas redes sociais que mais usan.

Aquí tamén se fala….galego!

O IES Coruxo sumouse á campaña “Aquí tamén se fala galego”, unha iniciativa con actuacións destinadas a promover o uso do galego na contorna do alumnado. O proxecto comezou no IES Rafael dieste da Coruña e sumáronse mais de 200 centros por toda Galicia, e o noso foi un dos primeiros centros en sumarse.

A campaña consiste en preguntar por locais ou sitios da contorna se poden poñer un cartaz do Instituto para fomentar o uso do galego. Librarías, clubes de fútbol como o Dépor ou Celta, comercios...estanse a sumar masivamente a esta campaña. O fin é eliminar prexuízos de que na nosa cidade non se fala galego e sensibilizar sobre o uso do galego na nosa sociedade.

   

Dentro desta campaña estanse a facer unha serie de gravacións e entrevistas; neste sentido a revista “A Movida” entrevistou a alumnado de 2º Bacharelato implicado na campaña, entrevista que podedes ler aqui: https://amovida.gal/falamos-co-alumnado-do-ies-coruxo-sobre-a-campana-aqui-tamen-se-fala/

  

#aquítaménsefala

Ilustracións, lettering, literatura e poesía na Biblioteca do IES Coruxo

Desenvolver a capacidade artística debuxando un personaxe literario ou a través dun obradoiro de lettering co gallo do día de Rosalía de Castro….todas estas capacidades foron as que se desenvolveron nas semanas pasadas na Biblioteca do IES Coruxo.

Por unha banda, para conmemorar o día da Ilustración, convocouse un concurso (dividido en diferentes categorías en función dos cursos) para animar ao alumnado a debuxar un personaxe literario. Personaxes de novela de Castelao, de Leandro Fernández de Moratín, do Duque de Rivas e incluso dos comic manga foron ilustrados polo noso alumnado e os gañadores tiveron fantásticos premios.

  

Por outra banda durante a semana do 19 ao 23 de febreiro tiveron lugar durante os recreos os obradoiros de lettering e pop art coa poesía de Rosalía de Castro (arte de debuxar letras artísticas) e dirixido tamén a todo o alumnado do Instituto.

    

A idea é que a Biblioteca sexa un espazo central no que poder traballar a musltidisciplinariedade a través de actividades de aprendizaxe motivadoras para o noso alumnado.

   

Documental sobre Domingo Villar

A continuación podedes visualizar un documental sobre a figura de Domingo Villar, feito polo alumnado que participou no Clube de Lectura durante o curso escolar 2022/23 e dirixido polo profesor Roi Rodríguez Cagiao.

Din

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut