Achegamos os impresos que deberán ser entregados na secretaría do centro nos prazos indicados:
O alumnado da ESO usuario de transporte escolar tamén deberá imprimir e entregar a folla de transporte escolar, indicando liña e parada. O alumnado de bacharelato que solicite transporte escolar tamén deberá entregar a folla de liña e parada e esperar a que se lle indique se pode utilizar transporte escolar ou non.
PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 24-25
Matrícula 1º ESO e Bacharelato: do 26 ao 28 de xuño.
Documentación a entregar no centro:
- Impreso de matrícula (alumnado de bacharelato traer a copia da reserva)
- Autorizacións asinadas (imaxe, actividades, abalarMóbil...)
- 3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)
- Pago Seguro Escolar (só alumnado de bacharelato 1,5 euros en Conserxería)
A maiores, para alumnado 1º ESO novo no centro:
- Fotocopias DNI (alumna/o, nai e pai ou titor/a legal)
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Certificado de estudos (só alumnado de centros non adscritos)
Matrícula 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO: do 1 ao 7 de xullo.
Documentación a entregar no centro:
- Impreso de reserva de matrícula que deberían ter no seu poder
- Autorizacións asinadas (imaxe, actividades, abalarMóbil...)
- 3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)
- Pago Seguro Escolar (1,5 euros en Conserxería) (excepto 2º ESO)
A maiores, para alumnado novo no centro nestes cursos:
- Fotocopias DNI (alumna/o, nai e pai ou titor/a legal)
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Certificado de estudos
NON SE RECOLLERÁN MATRÍCULAS INCOMPLETAS