Skip to Content

Visita ó Parque Eólico Experimental de Sotavento

O pasado 3 de abril alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar ó Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).

Nada máis chegar ó Parque, un dos guías explicoulles como se fixan os prezos no mercado eléctrico en España e a importancia das enerxías renovables no mercado enerxético actual.

  

A continuación puideron ver diferentes partes desmontadas dun aeroxerador de vento (motor, palas, góndola, etc.) para, posteriormente, visitar un aeroxerador do Parque por dentro.

  

  

Para rematar, visitaron unha vivenda bioclimática. A vivenda está deseñada para maximizar o aforro enerxético: orientación da vivenda, materiais utilizados, etc.

Finalizada a visita, xantaron nas instalacións do Parque.

Con esta actividade puideron comprender as achegas da física e a tecnoloxía a un desenvolvemento máis sostible do noso planeta.

AdxuntoTamaño
Explicación previa.jpeg134.94 KB
Aeroxerador por fora.jpeg81.28 KB
Peza aeroxerador.jpeg227.53 KB
Peza aeroxerador 2.jpeg141.77 KB
aeroxerador por dentro.jpeg140.86 KB
aeroxerador por dentro 2.jpeg182.51 KB


page | by Dr. Radut