Debido ao cambio na concesión do transporte escolar por parte da Consellería de Educación estanse a producir desaxustes no servizo.
Tras a reunión mantida esta mañá na Xefatura Territorial tomáronse os seguintes acordos:
As saídas das cabeceiras será ás 7:30 horas, excepto a liña 1 que sairá ás 7:20
O alumnado da parada Teixugueiras 16 serán recollidos polas liñas 1 e 3. O transporte subirá ao alumnado segundo as prazas dispoñibles, pero todos serán transportados.
A parada de Roteas será na parada de Lugove (antiguo ATSA).
Os martes e xoves a liña 7 sairá do instituto ao mediodía un pouco máis tarde que as demais. Problemas de tráfico debido a estreitez da rúa Carrasqueira.
A empresa comprométese a solucionar todos os atrancos entre mércores e xoves. Se continuase habendo problemas poñédevos en contacto co instituto, así centralizamos todas as queixas, e nos trasladarémolas á compañía buscando a solución.
A partir da próxima semana e para que o alumnado non estea moito tempo no centro sen clase, adiantaremos á hora de entrada e saída. Ao longo de xoves e venres comunicarémolo ao alumnado e ás familias.
Solicitamos a vosa comprensión e reiterámonos en pedir desculpas polos atrancos que nos está a ocasionar a toda a comunidade educativa esta situación.