INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN
CENTROS SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS
O ALUMNADO MATRICULADO NO CENTRO XA TEN A RESERVA FEITA
AUTOMATICAMENTE, SÓ DEBERÁ MATRICULARSE NOS PRAZOS PRESCRITOS
RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE CENTRO
ADSCRITO QUE REALIZOU DITA RESERVA ATA O 28 DE FEBREIRO
PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES: ANTES DO 1 DE
MARZO
PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN: 1-22 MARZO
PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DOS MÉRITOS
PARA O BAREMO (SE FOR NECESARIO): 25 DE MARZO A 5 DE ABRIL
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON
ADMITIDOS: 25 DE ABRIL
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 26 DE ABRIL A
3 DE MAIO
PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS: 14 DE MAIO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 1º DE ESO: 25, 28 E 29 DE XUÑO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA RESTOS DOS CURSOS: DO 1 AO 6
DE XULLO OU NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO
SE FOR O CASO
LEXISLACIÓN APLICABLE:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Criterios que se poden alegar no baremo
Irmáns/irmás do solicitante matriculados durante o curso escolar para o que se solicita a admisión
Nai, pai, ou titores legais traballadores no propio centro
Domicilio familiar ou Domicilio da empresa dos proxenitores
Familia numerosa, Familia monoparental
Renda anual per cápita
Discapacidade igual ou superior ao 33% da alumna/o, nai/pai, titores ou irmáns
Para bacharelato, nota media 3º ESO ou na titulación alegada