Skip to Content

Transporte escolar 23-24

Bo día:

Xa esá disponible no Instituto a listaxe de usuarios por paradas. Nesta listaxe indícase o alumno/a por parada asignada. Poden consultar dita lista no taboleiro do instituto ou a través das formas de contacto habitual (886 111 016).

Nas liñas 1, 2 e 3 (as que pasan por Teixugueiras) van os autobuses totalmente cheos, polo que NON HAI nestes intres prazas dispoñibles para Bacharelato. Na liña 7 tampouco puidemos ubicar ao alumnado de bacharelato Nas restantes liñas (4, 5 e 6) SÍ ubicouse a alumnado de Bacharelato de forma provisional.

A continuación detallamos os horarios dos autobuses desde as cabeceiras, coas paradas intermedias que realiza. Pedimos que estén cunha antelación suficinte durante os primeiros días, antes de facer cada alumno/a os seus propios axustes horarios.

Os horarios da cabeceira dos autobuses de ida serían os seguintes:

  • LIÑA 1. Travesía de Vigo, 97 (7:20) - Gran Vía - Castrelos - Florida  - Rúa Teixugueiras/o Limpiño - IES Coruxo
  • LIÑA 2. García Barbón, 139 - Praza da Industria (7:35) - Avda Atlántida - Teixugueiras 29/38 - IES Coruxo
  • LIÑA 3. Camelias, 40 (7:35) - Castelao - Teixugueiras, 22 - San Paio - IES Coruxo
  • LIÑA 4. Estomada (7:40) - Gondufe - Orxás - Prado - Saiáns - Oia Cruce Mide - Gasolineira - Canido Estación -- IES Coruxo.
  • LIÑA 5. Matamá Alvite (7:35) - San Andrés - IES Coruxo
  • LIÑA 6. Chandebrito (7:40) - Fragoselo - IES Coruxo
  • LIÑA 7. Oia-Cruceiro (7:40) – Hermida (Roteas) - Cruceiro San Miguel - Canido (praia) - IES Coruxo

Para a volta os autobuses saen do Instituto entre as 14:15 e as 14:30, aproximadamente, unha vez rematen as clases as 14:10.

Libros de texto para o curso 2023/2024

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Nota: Tras advertencia dunha nai e profesora, o ISBN correcto do caderno de inglés de 4º ESO é o 9789925608812.

Documentos matriculación curso 23-24

Achegamos os impresos que deberán ser entregados na secretaría do centro nos prazos indicados.

O alumnado da ESO usuario de transporte escolar tamén deberá imprimir e entregar a folla de transporte escolar, indicando liña e parada.

O alumnado de bacharelato que solicite transporte escolar tamén deberá entregar a folla de liña e parada e esperar a que se lle indique se pode utilizar transporte escolar ou non

Prazos de matrícula curso 23-24

PRAZOS DE MATRÍCULA CURSO 23-24

Matrícula 1º ESO: do 27 ao 29 de xuño

                          Documentación:

                          Impreso de matrícula

                          Fotocopias DNI (alumna/o, nai, pai, titor/a legal)

                          3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                          Fotocopia tarxeta sanitaria

                          Certificado de estudos (só alumnado de centro non adscritos)

 

Matrícula 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC, 2º BAC: do 3 ao 6 de xullo

                         Documentación:

                         Impreso de matrícula

                         3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                         Pago seguro escolar (1,5 euros en Conserxería)

                 Para alumnado novo no centro nestes cursos:

                          Fotocopias DNI (alumna/o, nai, pai, titor/a legal)

                          3 fotos carnet actuais (con nome, apelidos e curso pola parte de atrás)

                          Fotocopia tarxeta sanitaria

                          Certificado de estudos

 

NON SE RECOLLERÁN MATRÍCULAS INCOMPLETAS                    

Aberto o prazo de solicitude das bolsas para a compra de libros e de material escolar

A Xunta abre o prazo para solicitar axuda de material e fondo libros. A partir do curso próximo o centro non estará dentro do proxecto EDIXGAL, isto conleva que todo o alumnado contará ,en todas as materias, con libros de texto. Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39928

 

Enlace á aplicación de Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Reclamación as cualificacións

Achegamos instrucións referente á reclamación de notas na avaliación ordinaria e extraordinaria

Aberto o prazo para solicitar bolsas ANAE

Do 8 de maio a 20 de setembro está a aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 23-24. Máis información en

 

Sobre as axudas

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

Como tramitalas:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

Publicación de listas provisionais de alumnado admitido curso 23-24

Anunciamos que están publicadas no taboleiro da secretaría do centro as listas de alumnado admitido para o curso 23-24.

Actualizadas as programacións dos diferentes departamentos

Atópanse actualizadas as programacións dos diferentes departamentos para este curso 22-23. Para visualizalas deberán facer clic en cada un dos departamentos e en programación curso 22-23

Bolsas MEC

 

Para máis información fai clic no enlace que segue

 

https://view.genial.ly/623cb65f3e2de80011d346cd/interactive-image-becas-mefp

Convocatoria bolsas MEC

 

O 27 de marzo abre a convocatoria de Bolsas MEC para bacharelato e FP, incluída FP Básica. Máis información en

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Oferta de prazas 2023-2024

1º ESO 6

2º ESO 0

3º ESO 0

4º ESO 4

 

1º Bacharelato Ciencias 1 Humanidades Ciencias Sociais 0

2º bacharelato Ciencias 2 Humanidades Ciencias Sociais 13

 

Proceso de admisión curso 23-24

Unha vez finalizado o prazo de reserva de praza para centros adscritos, notificamos que todo o alumnado que fixo reserva para 1º ESO ten praza concedida no noso centro. Benvidos e benvidas

Inicíase o proceso de solicitude praza para alumnado que cambia de centro ou non procede de centro adscrito. As datas deste proceso son do 1 ao 20 de marzo.

Toda a información e lexislación en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Entroido 2023

Imaxes do entroido de 2023

Álbum: Curso 2022-2023 -> Entroido
Distribuir contido


by Dr. Radut